As subvencións do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte no punto de mira da Cidadanía de Cabana, Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello

191.415,27 euros de custo do proxecto de arranxo da Casa do Pendón para repicar a pedra, onde van os cartos alcalde?

Estas subvencións importantes que o concello de Cabana recibe do Grupo de acción costeira están no punto de mira de toda a cidadanía do municipio.

Así temos que a Casa do Pendón rehabilítase con unha axuda deste grupo, pero o único que parece que se fixo foi repicar a pedra da fachada, dunha casa que ten unhas dimensións ben pequenas.

Por iso a sospeita do sobrecuste das obras planea sobre esta casa do paseo litoral cabanés.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Costa da Morte financiou con unha axuda pública de 162.415,27 euros un proxecto de 191.415,27 euros. A empresa adxudicataria resultou ser Construcciones López Cao, quen últimamente fai bastantes obras en Cabana.

O obxectivo da axuda é a recuperación de antiga vivenda de carpinteiros de ribeira. Realizaranse actividades que pormoven a conservación do medio ambiente, servirá de espazo expositivo da biodiversidade do entorno do esterio do Anllóns (flora, fauna, vellos oficios, vellas embarcacións, etc), e demais leria barata a que nos ten acostumados o alcalde cabanés José Muíño.

IMG_20180330_174641

O problema é que non hai moita diferencia entre o estado da casa antes da obra que despois das obras. Parece que os 191.415,27 euros os levara o mar. Non hai cambios significativos.

Por iso desde Cidadanía de Cabana esiximos ver o proxecto das obras, que se faga público ao igual que o listado de contratistas que optaron á licitación das mesmas, e as ofertas realizadas.

Porque parécenos unha tomadura de pelo o que se está a realizar desde o desgoberno do Partido Popular de Cabana coas obras públicas e  as axudas que recibe. Por iso esiximos transparencia xa!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s