O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A empresa “especializada” que xestionará o albergue de Cabana. Quen fará negocio coas instalacións á costa do diñeiro público cabanés?

Xa lle veñen dando voltas ao conto desde o ano 2015. Xa daquelas o desgoberno cabanés dicía que mantivera contactos con unha empresa “especializada” para cederlle a xestión do local. Un local construido con diñeiro público e fondos europeos. Para o albergue rehabilitáronse as antigas vivendas dos mestres, ao lado do colexio das Revoltas.

Ata tal punto lle urxe agora o asunto, que ata celebraron un Pleno extraordinario o 10/05/2018, para a aprobación definitiva do expediente de municipalización do servizo de explotación e mantemento do albergue municipal nos seguintes termos:

“Primeiro.–Aprobar definitivamente o proxecto de municipalización do albergue xuvenil do Concello de Cabana de Bergantiños, acordando a xestión indirecta mediante a fórmula de concesión, tal e como pon de manifesto a memoria elaborada pola Comisión de Expertos”.

E ao frente do albergue poñerán a un Director do Albergue….., do mesmo xeito que esa Comisión de Expertos xa estará pensando na empresa de sempre…, ou non será a mesma que a que xestiona os campamentos do concello?

Agora o alcalde municipaliza o servizo para a continuación permitir que unha empresa faga negocio con el as costas de todas as cabanesas e cabaneses. Eso sí, a praza de Director de Albergue poida ser que xa teña adxudicatario e todo…

9999.png

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s