Cidadanía e Participación, Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O actual desgoberno cabanés gañou varias eleccións coa promesa de desarrollar o polígono industrial, cousa que non fixo nin fará. Pasaron de ofertar solo gratis aos empresarios, a non facer nada

Pasaron de ofrecer solo gratis no polígono industrial de Nantón a non facer nada.

Polo ano 2009 o desgoberno cabanés convocaba aos empresarios a unha reunión para falar do macropolígono industrial de Nantón. Incluso se dicía que empresas como Cortizo ou a promotora Mahía II se ían asentar nel. E os empresarios saían convencidos de que era un plan con futuro. A realidade é que non se asentou ninguén, segue a toxos e nin Cortizo nin Mahía II apareceron por Nantón. E moito menos a inversión de 50 e 60 millóns de euros da que falaban.

Dicía o desgoberno cabanés que: «quedará a 30 minutos de A Coruña, a 20 de Brens e Cee, a 50 de Santiago, a 10 de Carballo e a 25 minutos do futuro porto exterior». «Non pensedes que isto é algo que se me ocurriu hoxe pola mañá na ducha… ». Pero o certo é que sí se lle debera ocurrir na ducha e ás présas, porque non resultou.

O actual desgoberno cabanés gañou varias eleccións coa promesa de desarrollar o polígono industrial de Nantón, cousa que non fixo nin fará, porque se ve incompetente para facelo.

O principal inversor de Cabana é a Deputación da Coruña, o que xa di moito do que hai. Se a Deputación lle deixa de prestar diñeiro para arranxar as dúas pistas de sempre, en Cabana non hai nada.

O desgoberno cabanés non está ao que hai que estar. Facemos cousiñas como cursillos de cestería, vamos de excursión coa 3ª idade, saímos na prensa día sí e día non co dolmen de Borneiro, despedimos a un mestre que se xubila (por certo, non pagarán os cabaneses e cabanesas o cátering dos mestres que se xubilan? porque hai outras necesidades, e despois de todo o mestre que se xubila, xa o fai con un bo soldo); pero do importante, do que xenera emprego e da de comer ás familias, nada de nada.

Folga máis que traballla. Buscar investimentos para Cabana require traballar, traballar e traballar arreo e non se fixo nin se fai. Por iso, porque o tempo de desconto xa comezou, debera dimitir alcalde, para que non se siga alongando esta lenta agonía dun concello que esmorece cada minuto que o desgoberno cabanés continua na alcaldía.

Ah…, e por certo, os terreos expropiados hai que pagalos!!!

00000.png

Maldita hemeroteca:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2009/03/10/poligono-nanton-estara-solo-25-minutos-puerto-exterior/0003_7580930.htm

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s