O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

40.314,10 € por 3 meses, para a empresa concesionaria de augas de Cabana, por servir á cidadanía auga de cor escura. Póñanse as pilas e a servir auga en condicións, para iso cobran!

O 18 de xuño de 2018 o desgoberno de Cabana de Bergantiños aprobaba o padrón fiscal da taxa polo servizo integral da auga correspondente ao período do 1 de marzo de 2018 ao 31 de maio de 2018, presentado no concello pola empresa concesionaria do servizo.

O servizo ascende ao importe de 40.314,10 €, incluíndo o servicio integral da auga, o IVE e o canon da auga.

40.314,10 € por 3 meses, para a empresa concesionaria de augas de Cabana, por servir á cidadanía auga sucia (non cristalina) e nun estado pouco adecuado e desagradable.

As persoas usuarias califican a cor da auga de consumo como “negra”, “escura”…etc.

Que sorte ten a empresa coruñesa Organización y Gestión de Proyectos y Obras, S.L, adxudicataria no seu día da xestión integral do servizo de abastecemento e auga potable e saneamento en Cabana de Bergantiños, por importe de 987.168,50 euros sen ive. 

Seguro que estes e o desgoberno cabanés beben boa auga nas súas casas!

auga.jpg
Un exemplo de auga non cristalina

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s