Cidadanía e Participación, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O dolmen e o castro de Borneiro non dan de comer ás familias. O que Cabana precisa é industria, hostalería e poñer en funcionamento o polígono industrial xa!

O que Cabana de Bergantiños necesita, e con urxencia para frear o despoboamento, é contar con tecido industrial e hostalería vencellada ao sector turístico.

Pero este tema non vai co desgoberno cabanés, que prefire folgar e andar aos biosbardos xogando e saíndo na prensa con cousiñas bonitas como o dolmen. Pero do dolmen ou do castro de Borneiro non viven ninguén nin dan de comer ás familias! E se non hai traballo no municipio, as familias claro que se van, e vanse pola autovía da Costa da Morte (esa que se promocionou tanto co tren turístico cabanés sin vir ao conto, porque nada se gañaba con iso),  pola incompetencia dun desgoberno municipal que non dá unha no cravo para xerar riqueza produtiva.

Ata tal punto andan aos biosbardos que ata non promocionan o turismo e a hostalería local co tren turístico, senón que prefiren cedérllelo aos concellos de Zas e de Carballo.

En Nantón hai un gran polígono industrial a monte e a toxos. Hai que lembrar que o actual desgoberno cabanés gañou varias eleccións coa promesa de desarrollar un polígono industrial, cousa que non fixo nin fará, porque se ve incompetente para facelo.

IMG-20180507-WA0002
O polígono industrial de Nantón, a toxos.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s