Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello

3.514 euros é o que cobra o concello de Cabana no mes de maio, pola prestación do servizo de axuda no fogar. Taxas abusivas e que benefician a moi poucas persoas maiores

Das tan só 62 persoas beneficiarias do servizo de axuda no fogar o desgoberno cabanés percibe 3.514 euros.

As persoas usuarias terán 2 meses para pagar o recibo da taxa.

A ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de axuda no fogar no municipio de Cabana recolle un importe de 13,77 €/hora, multiplicado polo número de horas de prestación efectiva do servizo. Na meirande parte dos municipios da provincia o importe oscila entre os 6€ e os 8,89€.

A ordenanza reguladora da taxa, que é de xullo de 2014, debérase modificar para presentar un maior número de intervalos na capacidade económica das persoas usuarias do servizo en libre concorrencia e, polo tanto, máis tramos de porcentaxe na participación no custe do SAF que se recollen no mínimo que fixa a normativa da Xunta (en vez de desagregarse en 5 intervalos e recadar o máximo para as arcas municipais, podería desagregarse en 8 aplicando as porcentaxes mínimas que fixa a normativa), cumprindo co principio de equidade. Así, na medida do posible, evitaríanse cargas excesivas coa clara finalidade de favorecer ao máximo posible a todas as persoas usuarias do servizo e, polo tanto, a aquelas que presentan as rendas máis baixas.

A ordenanza do desgoberno cabanés é mesmo abusiva no caso das persoas que accedan ao SAF na modalidade de Dependencia, que terán que pagar en función da súa capacidade económica e non do custe hora do servizo. Non se debera modificar no ano 2014 o prezo deste servizo con afán recadador senón exclusivamente para o mantemento do mesmo e favorecer así a todas as veciñas e a todos os veciños de Cabana. Non debemos esquecer que o servizo, ademais do copagamento das persoas usuarias, ten outras fontes de financiamento, provenientes doutas administracións a través das correspondentes solicitudes realizadas para o efecto en tempo e forma.

0001.jpg
BOP da Coruña do día de 27/06/2018. Tan só 62 persoas maiores se benefician do servizo de axuda no fogar en Cabana

 9.jpg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s