As consecuencias de colocar barandas de madeira nos aparcadoiros

Un incendio nun tractor queimou a varanda de madeira do aparcadoiro de Nantón e puido acabar queimando a casa rectoral

A orixe do incendio estivo nun tractor e no gasóleo verquido por este. A varanda de madeira que rodea o aparcadoiro tamén resultou afectada e o combustible acelerou un lume que puido rematar incluso coa queima da casa rectoral, e que se evitou grazas ao bo traballo dos bombeiros de Carballo. Os feitos acaeceron na madrugada do día de hoxe.

O desgoberno cabanés colocou unha varanda de madeira para delimitar o aparcadoiro. A varanda acabou queimándose. A varanda tiña que ser de inox, pero as varandas de inox colócanas no paseo marítimo en vez de onde fan falla.

Por outra banda, a escorrentía de gasóleo acabou na porta da casa rectoral. A rápida actuación dos bombeiros evitaron un posible incendio de maiores consecuencias, posto que puidera arder tamén a casa do cura.

IMG-20180627-WA0005
Tractor no que se orixinou o incendio, no aparcadoiro diante da casa rectoral de Nantón
IMG-20180627-WA0004
Varanda queimada ao lado do tractor onde se orixinou o incendio
IMG-20180627-WA0002
Escorrentía de gasóleo ata a porta da casa rectoral de Nantón
IMG-20180627-WA0006
Escorrentía de gasóleo ata a porta da casa rectoral de Nantón
IMG-20180627-WA0003
Actuación dos bombeiros de Carballo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s