32.240,00 euros, o que cobra o asesor cultural do concello de Cabana, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O concello de Cabana, un dos que menos cartos recibe da Xunta de Galicia, para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas. Os puntos de lectura das parroquias cabanesas, no máis absoluto abandono, ao igual que os locais sociais das parroquias

En abril deste ano coñecíanse as subvencións outorgadas pola Xunta de Galicia para a dotación de fondos bibliográficos para as bibliotecas municipais. O desgoberno cabanés recibía tan so 875, 24 €, e convertíase nun dos municipios que menos cartos recibía da Costa da Morte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180406/AnuncioG0164-260318-0002_gl.html

E é que non se entende o abandono absoluto no que están algúns dos locais sociais das parroquias cabanesas e os seus puntos de lectura. Non hai máis que mirar para o local social do Esto, por exemplo. Locais pechados, deteriorados,  nun estado de abandono visible, con humidades, con apenas libros nos seus estantes vellos, e libros desfasados e deteriorados. Non se entende como o desgoberno cabanés paga 32.240,00 euros a un asesor de cultura, para que? para que todo esté abandonado como está?

Que tipo de cultura se promove desde o desgoberno cabanés? Onde está a CULTURA de verdade e unhas actividades culturais integradoras de todas as parroquias?

Por que cando se fala de cultura so se fala do dolmen de Borneiro?

IMG-20180512-WA0001
O estado de abandono das antigas escolas unitarias é máis que evidente. A xestión do desgoberno cabanés, nefasta para o patrimonio municipal e para os puntos de lectura das parroquias que noutro tempo funcionaran tan ben

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s