A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Cabana necesita con urxencia outra alternativa de goberno: nen nova residencia para as persoas maiores nen comprou aínda a Torre da Penela, nen nada, de nada. Nen sequera é capaz de contratar socorristas para as praias nen capataces para os incendios

Tras pasar no día de onte de novo polas oficinas da Voz de Galicia de Carballo, o xornal que semella poñer todo o empeño en lavarlle a imaxe e facerlle campaña, o desgoberno cabanés recoñece que non haberá novo centro de día. Que por non haber nen hai socorristas nen capataces para apagar os lumes.

A incompetencia semella ser total. A saber cales foron as condicións de traballo que lles ofertou ao persoal, e os candidatos nin se presentan, claro está.

A derradeira vez que pasou polo “plató” da Voz de Carballo anunciou a bombo e a platillo a construción dun novo centro de día ou residencia de maiores; pero agora xa di que non ten cartos.

Así explicaba no seu xornal alá polo mes de febreiro que: “Considera que la futura residencia podría tener un carácter comarcal «Bergantiñá», debido, según él, al emplazamiento estratégico de As Reboiras en Costa Bergantiñá: Laxe, Cabana, Ponteceso y Malpica)” Fonte: La Voz de Galicia. Edición Carballo.

E resultou ser outra mentira, unha vez máis.

O mesmo pasou coa Torre da Penela. Andivo por todos os xornais dicindo que xa estaba comprada, e agora di que o concello aínda non a comprou. Que vergoña! E canta mentira…!

Iso sí, presume de haber 200 alegacións ao Plan urbanístico (PXOM), como se iso fora moita cousa. Pois 200 alegacións son indicativas de que hai alomenos 200 persoas que non están moi dacordo co documento, polo que non é motivo de orgullo algún.

Están a rirse da xente???

2.png
O alcalde cabanés recoñeceu non xornal local non ter cartos para facer un novo centro de día

Véxase:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cabana-de-bergantinos/2018/07/18/muino-preve-ampliar-centro-dia-descarta-nuevo/0003_201807C18C4991.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cabana-de-bergantinos/2018/02/28/alcalde-cabana-anuncio-inminente-aprobacion-inicial-pxom/0003_201802C28C4994.htm

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s