Hai lugares do municipio onde a empresa encargada de limpar a maleza, deixou as cunetas ateigadas de restos de vexetación. E despois cando chove a auga reborda pola cuneta e circula polo asfalto ou erosiona a pista.
Con unhas simples instrucións ao persoal da empresa soluciónabase o problema, pero nin o alcalde nin o concelleiro responsable parece que fixeran algo.
Quen limpa agora as cunetas?

