Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello

A empresa que xestiona a auga municipal de Cabana cambia de nome e pasa a chamarse Hidrantia. Quen controla Hidrantia? Hai algunha relación entre Hidrantia e o “Cártel galego do Asfalto”?

A empresa coruñesa Organización y Gestión de Proyectos y Obras, S.L, resultaba adxudicataria da xestión integral do servizo de abastecemento e auga potable e saneamento por importe de 987.168,50 euros sen ive.

IMG-20180731-WA0000.jpg
Hidrantia, a empresa que xestiona a auga municipal

A pesares do preto de millón de euros que aboará a cidadanía de Cabana, o desgoberno cabanés continuou achegando cartos das arcas públicas, para financiar as obras de substitución do bombeo do Regengo -O Picón, con un orzamento de execución por contrata de 84.000 euros, ive incluído.

E por se isto fose pouco, a mesma empresa Organización y Gestión de Proyectos y Obras, S.L, volve a ser adxudicataria dun novo contrato, para a restauración da ETAP do Regengo, por importe total de 43.076 euros.

Agora a empresa muda de nome e pasa a chamarse Hidrantia Gestión Integral del Agua, S.L. 

Pero, que hai detrás de Hidrantia? 

En principio hai 3 apoderados: Vicente Lourido Vázquez, Juan Sanmartín Ferreiro e Rebeca Sánchez Naveira. A empresa constituiuse con un capital de 3.030 euros e recentemente realizou unha ampliación de capital de 10 euros. Aínda non presentou as contas do ano 2017 e en teoría supostamente presenta perdas. Ten o seu domicilio preto da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña e realizou unha ampliación do seu obxecto social para adicarse ás promocións e inversións inmobiliarias e a prestar servizos de consultoría no campo da informática e as novas tecnoloxías.

Juan Sanmartín Ferreiro é o director xeral de OVISA, coñecido no mundo das autovías galegas, Conselleiro de ACEGA (autovía Santiago -Dozón), Xerente UTE Piedrafita, diversas responsabilidades en varios tramos de autovia: San Ciprián -Allariz, UTE Ourense -Melón.

Véxase: https://es.linkedin.com/in/juan-sanmartin-ferreiro-23149045

1.png

OVISA, que tipo de empresa é?  Segundo os medios de comunicación, Ovisa atópase entre “As construtoras Extraco, Misturas e Ovisa, que segundo Competencia integraron o ‘cartel do asfalto’, lograron 26 adxudicacións o ano pasado, 13 delas da Xunta”

Véxase o seguinte enlace:

https://galicia.economiadigital.es/directivos-y-empresas/empresas-sancionadas-por-amanar-concursos-se-llevaron-12-millones-en-obra-publica-de-galicia-en-2015_373114_102.html

1.png
Web corporativa de Hidrantia

Entre os principais clientes da empresa Hidrantia están: o concello de Cabana, o concello de Barreiros, o de Ames, Arzúa e o de Porto do Son, tal e como amosan na súa web:

http://hidrantia.com/#

Non obstante, a empresa non amosa ás persoas que están a cargo da empresa na súa páxina web. Así no enlace relativo a Quiénes somos?, non aparecen datos ao respecto, e sí información incomprensible e caras difuminadas de persoas.

Oculta algo Hidrantia ou ten a web en construción?

http://hidrantia.com/about/

2.png

O apoderado de Hidrantia, Juan Sanmartín Ferreiro, vencellado con Ovisa, a empresa que os medios de comunicación relacionaban co Cártel galego do Asfalto.

https://galicia.economiadigital.es/directivos-y-empresas/el-cartel-gallego-del-asfalto-burla-a-competencia-en-los-tribunales_336641_102.html

“El que fue conocido como ‘cártel del asfalto’ acordaba ofertas a la baja para presentarse a licitaciones de las administraciones como empresas que competían entre sí. La ganadora, compensaba económicamente al resto. El fraude se destapó en 2011 y Competencia incluyó en la trama a cinco empresas gallegas a las que impuso ocho millones en multas.

Dos de ellas, Extraco, construccións e proxectos y Misturas, obras e proxectos, con sede en Ourense, continúan la pugna judicial en el Tribunal Supremo; la también ourensana Ocasa y su filial Betunes y firmes, lograron una estimación parcial de su recurso ante la Audiencia Nacional; mientras que la quinta, Ovisa Pavimentos y Obras, con domicilio en Outeiro de Rei (Lugo), ha encajado un fallo desfavorable de la Audiencia Nacional, aunque Competencia no confirma que haya pagado la sanción correspondiente, que ascendía a 100.000 euros”.

Fonte: EDeconomía Digital.

1.png

2.png

3.png

Fonte: Empresia

https://www.empresia.es/persona/sanmartin-ferreiro-juan/

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s