Que "agacha" o silencio da oposición cabanesa?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Descende o número de visitantes no dolmen de Borneiro, o que evidencia o fracaso da promoción turística e patrimonial do goberno cabanés

O xornal dixital Que pasa na Costa recolle hoxe a noticia do descenso do número de visitantes ao dolmen de Borneiro.

“Un total de 4.396 persoas visitaron o pasado mes de xullo o Dolmen de Dombate. Ainda que a cifra non é mala sí que se nota un lixeiro descenso con respecto a outros anos. Sen ir máis lonxe, en xullo do 2017 o número de visitas foi de 4.781. É dicir, 386 persoas máis segundo os datos facilitados polo servizo de vixiancia e seguridade do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate”.

A que se debe este descenso do número de visitas en plena época estival? Que anda a facer ou que é o que non fai o goberno cabanés, para que se reciban menos visitantes dos habituais?

Cabe a posibilidade de que a xente se decatara de que o megalito de Borneiro parece máis ben un centro de negocios que un xacemento arqueolóxico? Cestería á venda, venda de entradas para concertos na explanada….etc… De tanto querer muxir a vaca, vaise quedar sen ela.

3

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s