A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Hai malversación cando se destina un ben público a fins privados?

Volven as ceas privadas nocturnas á escola de vela de Cabana: un exemplo de como destinar a fins privados un ben público de toda a cidadanía cabanesa

Algunhas persoas aseguran que lles cobraron 25 € e manifestan que a organización da cea foi co beneplácito do concello. O certo é que, como ben de dominio público que é, a escola da vela, debera utilizarse para os fins previstos para os que foi restaurada, e non deixar que sexa utilizada para fins privados, porque trátase do diñeiro de todas e de todos os cabaneses.

Do mesmo xeito que se fixo en Borneiro, debérase aprobar unha ordenanza reguladora pola utilización deste espazo público por parte da cidadanía, eso sí, sempre consonte cos fins propios dunha Escola de vela, e non con outros distintos e totalmente alleos.

Existe aquí neste caso unha presunta malversación de fondos públicos? As autoridades competentes o dirán. O certo é que debéranse facer as cousas ben. E de paso, a ver se adecentan a entorna da Escola, que hai tempo que os servizos de xardinería non pasaron por alí.

1.jpg
Escola de vela e a súa entorna

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s