O concello de Cabana cede ante o Sergas

O desgoberno cabanés cede ante o Sergas e obriga a veciñanza de Nantón e arredores a desprazarse ao Centro de Saúde de Cesullas. O concello non reclamou ao Sergas, que tanto o Centro de Saúde da Carballa como o Consultorio de Nantón, permaneceran abertos durante o periodo estival e atendidos por suficientes profesionais

O desgoberno cabanés cede ante o Sergas e os pacientes que eran atendidos normalmente no Centro de Saúde de Nantón teñen que desprazarse ao Centro de Saúde da Carballa, na parroquia de Cesullas. A causa: o profesional médico de Nantón é trasladado ao centro de saúde de Cesullas, para atender os pacientes durante o período estival.

Así Cidadanía de Nantón e proximidades, teñen que facer uso do servizo de taxi para acudir ao médico.

O problema é que nunha época de recortes, isto senta precedentes no Sergas, que a partires de agora, para limitar o gasto pode incluso deixar sen profesionais a calquera dos dous centros de saúde.

1.jpg
Centro de Saúde de Nantón

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s