Cidadanía en Movemento, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Por que se apoia a empresas instaladas no polígono industrial de Carballo e non ás instaladas en Cabana? Así nos vai. O caso de Collecting Oil

Collecting Oil é unha empresa creada o 24/10/2017, é dicir, fai hoxe 10 meses e 26 días e con domicilio no polígono industrial de Carballo. A sociedade limitada adícase á valorizar desperdicios e chatarras. Ten dous directivos: Roberto Recarey García e Ana González Varela e non consta que teña empregado ningún de Cabana. Agora o concello cabanés autoriza o uso do seu escudo institucional na promoción desta empresa, para a recollida de aceite usado nos domicilios cabaneses.

Sen embargo, esta iniciativa estaría moi ben se a empresa fora cabanesa. Pero non o é. Está asentada no polígono industrial de Carballo, e non no polígono de Cabana. E por que? porque o noso téñeno a toxos. Así nos vai…, o desgoberno cabanés frusta calquer iniciativa de progreso industrial, económico e social de Cabana.

Roberto Recarey tamén é administrador da empresa Leiloyo Canalizaciones y Servicios S.L., con quen comparte cargo con Sergio González Varela  e Serafín González Freijeiro, tamén con participación noutras empresas de canalización (S. González Canalizaciones, S.L. e Afín Cabalizaciones, S.L.)1Datos obtidos do Borme

A empresa contou con financiación da entidade Triodos Bank. Segundo a súa web: https://www.triodos.es/es/conozca-triodos-bank/historias-de-la-banca-transparente/resultados/?projectId=3057132: “Roberto Recarey dedícase desde 2014 a recoller aceite vexetal doméstico e de hostalería en Carballo, A Coruña, para reciclalo e vendelo posteriormente a plantas de biodiésel. Debido ao aumento de demanda dos veciños, Roberto decidiu crear Collecting Oil. Coa súa actividade, contribúe a coidar o medio ambiente e a dar unha solución efectiva ao problema de que facer co aceite vexetal de uso doméstico. Roberto distribúe botes de recollida de aceite entre os veciños e os locais de hostalería para despois recollelo pasado un ou varios meses. O seu éxito levoulle a expandir a súa actividade a outros municipios da provincia, entre eles Malpica, Laxe, Ponteceso e Cabana. En Triodos Bank financiamos a Collecting Oil para que desenvolva a súa actividade de recollida de aceite doméstico”.

A recollida de aceites usados claro que é unha necesidade, pero neste caso falta a transparencia. Por que se apoia a esta empresa en concreto e non a outra? Por que se permite que esta empresa faga uso do escudo do concello? Por que esta empresa non é unha empresa cabanesa?

4

5

 

1

5.jpg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s