Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Urbanismo para os amigos?

Posibles fallos no outorgamento das licencias de obras, ameazarían co derribo a tres casas do litoral cabanés. Parece que o concello non sabía ata onde chegaba a liña de costas. De confirmarse na apelación o derribo, o propietario podería ter dereito a unha indemnización por danos e prexuizos

Agora resulta que o concello de Cabana parece que non sabe ata onde chega a liña de costas, e dá as licencias de obras en lugares onde non se podería edificar.

A cuestión non é baladí, porque de confirmarse o derribo na fase de recurso, o propietario podería ter dereito a unha indemnización polos danos e prexuizos causados polo desgoberno cabanés. E de onde sairían os cartos? Non do peto deles, senón do peto de toda a Cidadanía de Cabana.

Xa no ano 2012, o desgoberno cabanés perdera un preito precisamente no Tribunal Supremo, por querer presumiblemente impoñer o seu criterio na liña de costas. O que non saben é que a liña de costas non a fixa o alcalde senón Costas.

Ao final ás prexudicadas son as persoas propietarias, e sen culpa algunha.

Váianse xa, por favor!

21

3
Vista do litoral cabanés, co Montebranco ao fondo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s