Cidadanía en Movemento, Espolio de terreos a baixo custe, O desgoberno cabanés apoia á Xunta no espolio de terreos á cidadanía, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O concello de Cabana non defende os intereses das persoas expropiadas pola senda peonil e ciclista de Neaño, fronte á Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia

A Cidadanía afectada de Neaño polas obras da senda peonil e ciclista non foron expropiadas, senón ESPOLIADAS. Nunha expropiación os terreos páganse a prezo de mercado, e en Neaño, os prezos que foron aboados polo solo urbano foron unha miseria. A 1 €/m2? Están de broma! É por tanto, unha expropiación inxusta e confiscatoria.

Isto é un ESPOLIO da Xunta de Galicia, apoiado polo desgoberno cabanés.

Por outra banda, a apertura dunha pista alternativa á estrada principal para o acceso ao lugar das casas, non se xustifica. Os terreos, a meirande parte solares, perden un valor considerable ao non ter acceso directo á estrada AC- 429, tramo Neaño-Cabana.

Os concellos de Laracha e de Carballo, por exemplo, diseñaron as sendas peonís e ciclistas máis longas de toda a comarca, e son perfectamente compatibles coas encrucilladas e co acceso ás vivendas. A veces é bo mirar o que fan noutros concellos e aprender deles, para non prexudicar neste caso, á Cidadanía de Cabana.

9.jpg
Apertura de pista paralela á estrada AC- 429, tramo Neaño-Cabana, para facilitar o acceso ao lugar das vivendas, tras a ocupación dos terreos para a senda peonil e carril bici
8.jpg
Apertura de pista paralela á estrada AC- 429, tramo Neaño-Cabana, para facilitar o acceso ao lugar das vivendas, tras a ocupación dos terreos para a senda peonil e carril bici

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s