Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía e Participación, Onde van os cartos?

Tapan as fochancas con oil queimado e gravilla, así están todas as parroquias cabanesas, tras máis de 16 anos quentando o sillón municipal. Onde van os cartos que viñeron para estas obras desde a Deputación da Coruña?

 

Que fan cos cartos? porque nas estradas non se invirten. A Deputación da Coruña aproboulles un plan para investimentos nas estradas municipais, e onde vai ese diñeiro? porque non se ve por ningures.

Tapan as fochancas co que semella oil queimado e gravilla, nunha mestura barata e provisional que non soluciona nada. Tampouco fan as cunetas, e coa choiva, a agua rebordará sobre o firme. Van ao barato…, para aforrar cartos? Pero que ninguén se engane. Onde acaban eses cartos, porque nas estradas municipais e no mobiliario urbano, non.

Os sinais de tráfico están tirados ou a punto de caer. O mobiliario urbano abandonado total. Os carteis sinalizadores dos núcleos de poboación tirados no chan.

5
Fochancas tapadas co que semella unha mestura de oil queimado e gravilla. O sinal de Stop a piques de caer e as cunetas sen facer. Onde van os cartos que viñeron para estas obras?
IMG-20180929-WA0024
O sinal de stop caído, silvas xunto á marquesiña e marquesiña en moi mal estado
IMG-20180929-WA0023.jpg
Cartel sinalizador dos núcleos de poboación tirado á beira dunha leira de millo en Nantón

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s