Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

Regueifeiros cabaneses piden ás Santiñas un cambio de goberno en Cabana de Bergantiños, para as vindeiras eleccións municipais

Que nosa Señora do Saliente, a Virxe do Espiño, o Carme do Briño e Santa Mariña do Remoíño se apiade dos cabaneses!

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….,

aínda hemos coller un cancro que nos acabe coa vidiña,

despois de 16 anos seguimos sen facer nada…,

só co cu sentado na silla da alcaldía,

e mentras Neaño e Canduas bebendo auga amarilla,

a ver que nos depara ese día…

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

Que as Santiñas busquen unha alternativa ao desgoberno,

que traian un candidato, honrado e honesto,

que traballe desde a alcaldía polas necesidades da cidadanía.

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

Que Deus vaia dando saúde,

só valen para pasar recibos, zahorra peneirada e gravilla,

aquí e acolá; gracias a Voz de Galicia,

coma quen que traballan, cando fan todo con malicia.

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

Non hai máis que ver as cheas na casa da vela,

mentras as fochancas e as buratas se atravesan na carretera,

e a ría vai enchéndose de merda.

Con un polígono industrial a toxos

a ver cando se desenvolve Cabana,

que nin emprego nin industria,

vamos a acabar en nada.

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

Que a Virxe do Saliente vos vexa fóra algún día, que a Sta. Mariña do Remoíño, vos remova do niño e Deus nos axude Virxe do Espiño.

Acórdate de Cabana, nosa Carme do Briño!

Que hai máis de 16 anos que estamos co cu no niño.

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

8888

888.jpg
Romaría do Carme do Briño, parroquia de Borneiro

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s