A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A auga de Nantón, podería ser o abastecemento máis caro da historia dos concellos galegos; e aínda non hai auga, e cando a teñan, pagarán o recibo ao concello de Zas

Parece unha broma pesada ou o argumento dunha película cómica. Despois de varias subvencións bastante importantes da Deputación da Coruña, a día de hoxe aínda non está solucionado o abastecemento dos núcleos de Nantón. Despois de que a Cidadanía xa pagara hai tempo os enganches. Despois de obra vén e obra vai, e moito tardar, a Cidadanía acabará pagando o recibo ao concello de Zas.

Xa polo ano 2010 o desgoberno presumía de dispoñer de máis dun millón de euros para a auga do polígono industrial de Nantón; pero ao final, non houbo nada, de nada, e parte das obras de canalización xa realizadas, morren apodrecidas entre a terra.

O 26 de outubro de 2012, a Deputación da Coruña aprobaba o proxecto reformado nº 2 da obra “Ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Nantón”, incluída no Plan de Cooperación cos concellos (PCC) 2010, co Código: 10.3300.0157.0. O importe total ascendía a 198.165,65 euros, e adxudicada naquela época a Excavaciones Pose, S.L.

Agora a Deputación volve a subvencionar o abastecemento e saneamento na Pedra -Nantón. O orzamento base da licitación é de 105.655,25 euros, e a obra realízase co obxecto de aproveitar a dispoñibilidade dos 710.942.72 euros que lles foron asignados a través do Plan provincial de Cooperación “POS+ 2017”. O máis probable é que a licitación volte a recaer en Excavaciones Pose, S.L.

Recalculando: 198.165,65 + 105.655,25 euros dá un total de 303.820,90 euros, o que é unha barbaridade, tendo en conta que houbo Cidadanía que xa no seu momento pagara os enganches, e que aínda non hai abastecemento.

Despois de contar con proxectos que ascendían a 303.820,90 euros, vanlle acabar pagando a auga ao concello de Zas!

1111.png

 

 

1
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo de La Opinión A Coruña
2
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo da información de La Voz de Galicia
3
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo da información de La Opinión da Coruña

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s