A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Abandono e desleixo, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Cantos cartos hai enterrados nesta decantadora de Corcoesto, que non funciona desde que a instalaron, alá polo 2012?

Houbo Cidadanía que ata pagou os enganches alá polo 2012, e aproximadamente preto de 200.000 euros están enterrados nesta finca de Corcoesto. Que contas son as do desgoberno cabanés? Por que tanto despilfarro nunha inversión que nunca chegou a funcionar?

En setembro de 2010 adxudicaban a Excavaciones Pose, S.L. o contrato de obras denominado “Ampliación das redes de abastecemento e saneamento municipais na parroquia de Corcoesto” (Cod.10.3300.0158.0) incluida no Plan Provincial para Cooperación cos Concellos (PCC 2008/2011), por un prezo total co ive de 155.388,77 euros.  A isto hai que sumarlle o mantemento anual e os custes do terreo.

E velaí están as obras. Mortas de risa. Outro exemplo máis do desgoberno cabanés!

decantadora Corcoesto.jpg
Decantadora en Corcoesto, sen funcionar desde alomenos o 2012

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s