Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O Dolmen de Dombate, un saco sen fondo. Preto xa dos 4 millóns de euros. Que beneficios sacou a Cidadanía de Cabana destes cartos? O Dolmen leva comido case máis cartos que o Porto Exterior da Coruña

A Igrexa cobra pola visita do Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago, pero a Cidadanía de Cabana ten que invertir diñeiro público no Dolmen de Dombate.

Ao longo dos últimos anos, o Dolmen de Dombate recibiu da Deputación provincial da Coruña máis de 2,3 millóns de euros para a súa protección.

Cómpre lembrar o seu proxecto inicial. Aquel proxecto no que o Dolmen estaba debaixo de lonas para protexelo. Máis tarde, o arquitecto Francisco Vidal deseñaba un proxecto para a súa mellor conservación con un orzamento de 1,2 millóns de euros.

Ao final máis de 3 millóns de euros invertidos polo ente provincial nun monumento megalítico.

Agora a Deputación segue a meter cartos, uns 60.000 euros anuais, derivados dun convenio de colaboración co concello, polo que este se encarga da xestión ano tras ano. E xa debe ir para preto dos 600.000 euros.

Que está a pasar cando se invirten preto de 4 millóns de euros nun monumento megalítico e non se invirte absolutamente nada en vivendas sociais, na reparación de pontes, na rehabilitación de locais sociais, non se invirte nada no benestar das persoas maiores das parroquias cabanesas? Que contas son as da Deputación e as do desgoberno cabanés?

Que rendemento sacou a Cidadanía de Cabana de todos estes cartos?

9999
A inversión no Dolmen de Dombate é desproporcional en comparación co custe do Porto exterior da Coruña

91

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s