Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Iluminación pública en todos os paseos marítimos da Costa da Morte, agás Cabana. O alumeado público, ferramenta imprescindible para a seguridade das persoas e mellorar o sector turístico. Que fixeron cos cartos?

Todos os paseos marítimos da Costa da Morte están iluminados pola noite, agás o paseo marítimo cabanés. Cando a Xunta de Galicia e Costas aprobaron o proxecto, este incluía alumeado público. De feito, xa existen tomas de enganche de luz, que ao estar ao descuberto son un perigo para a xente. O alumeado público é imprescindible para mellorar a seguridade e a accesibilidade das persoas con limitacións visuais. Ademais hai luminarias especialmente deseñadas para non interferir esteticamente co entorno e coa natureza. Que fixeron cos cartos? Por que non se instala alumeado solar?

Por outra banda, a luz é imprescindible para que a xente non caia ao mar e para evitar o vandalismo e o roubo; e sobre todo, outras actividades ilegais. Ademais así amplíase o horario nocturno de baño naquelas zonas aptas para o mesmo.  Nas zonas de amarre das embarcacións necesítase unha iluminación noctura para evitar roubos e danos ao patrimonio. 

Que fixeron cos cartos do alumeado público do paseo marítimo, onde van?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s