Cidadanía en Movemento, O lamentable estado das estradas cabanesas, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A Cidadanía da Fonte de Sinde, “vítima” do “espolio urbanístico” do desgoberno para favorecer as “ansias especulativas e os beneficios” dalgún promotor urbanístico

O lugar de Sinde é un dos máis poboados da parroquia de Canduas, pero a pesar disto, as súas estradas dan pena, estragadas e con fochancas. O abandono do desgoberno é manifesto neste lugar.

Pero o peor é que permitan construír chalets, adosados….; en definitiva urbanizar, sen ter a superficie necesaria nas parcelas cos retranqueos debidos, nen os accesos adecuados. Entón ao desgoberno non se lle ocorre outra solución que “espoliar”, aínda que sexan fincas e camiños particulares. E para xustificar este “espolio” os camiños privados pasan a ser públicos, e de súpeto as estradas teñen máis ancho do que tiveron toda a vida, e de súpeto prometemos ao “amigo” unha parcela urbanizable no futuro Plan urbanístico se deixa pasar a nova estrada que favorece ao “promotor especulador”. E ademáis así todo sae ben, e incluso mellor do previsto, porque esa nova estrada comunica, casualidades da vida, con un edificio público, e xa temos argumento para xustificar aínda máis o “espolio”.

E así camiños privados de toda a vida e sen saída que só conducían ás casas particulares, de súpeto son vistos doutra forma, e pasan por arte do demo ou da maxia, e porque sí, a ser públicos; e se non teñen saída haberá que facerlla por onde sexa. Para que? Para o beneficio común?

Non, non, para o beneficio do desgoberno.

Porque non deixa de ser un “espolio”, vístano dos argumentos co que o vistan. Espolios que amargan á Cidadanía, a cidadanía de Cabana de toda a vida, e non só da Fonte de Sinde, tamén de Cesullas, Corcoesto, Neaño,….etc.

Porque esta é a política do desgoberno…., e o desgoberno ten que saber ou debera saber que hai límites éticos e legais, e por moito que se suba á póla, non están por enriba da lei. Porque ninguén o está. E outros xa caeron antes…, e o mes de maio xa está cada vez máis preto.

E Cidadanía de Cabana aí estará con unha alternativa seria de goberno para defender e velar polos intereses das veciñas e dos veciños. E o primeiro que faremos será suspender estas arbitrariedades que prexudican o interés veciñal.

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s