Cidadanía e Participación, Que fan cos cartos?, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

As tuberías da auga que se instalaron hai 8 anos e que nunca chegaron ó polígono industrial de Nantón. Búrlanse da Cidadanía..? Parécelles que somos tontos?

Hai oito anos máis dun millón de euros veu da Unión europea para poñer a auga no polígono de Nantón e suministrar auga á Cidadanía. Puxéronse tamén tuberías, como se colocaron hai 6 anos no lugar da Ameixenda, en Nantón. Pero xa pasou o tempo…., e a auga nunca chegou…

Que foi dese millón e pico de euros que ía abastecer de auga á Cidadanía de Anos, a de Nantón e ó polígono industrial de Nantón? Que pasou con eses cartos? Por que as tuberías están apodrecendo baixo a terra?


O alcalde debera explicar por que se colocan as tuberías sen ter a garantía do subministro de auga. Tamén debera explicar que pasou co millón e pico de euros que viñeran da Unión europea para subministrar auga ao polígono de Nantón… Xa tarda!

E que pasa co polígono industrial de Nantón? Por que os cartos que se invirten no arranxo das casas rectorales e en facer sendas peatonais nas estradas da Xunta, non se invirten no polígono de Nantón?

O polígono industrial de Nantón, a toxos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s