Abanea a alcaldía de Cabana?

O equipo do programa Quarto Milenium estuda trasladarse ao concello de Cabana, para investigar quen “persigue” ao seu alcalde

O responsable do programa Quarto Milenium, Erik Giménez e o seu equipo de investigación de sucesos paranormales, visitará o concello de Cabana no vindeiro mes de maio, para saber quen “persigue” ao seu alcalde.

Tras as exclusivas dadas polo propio rexidor, e xa van dúas, no xornal “La Voz de Galicia” na edición de Bergantiños, na que este afirmaba ser “víctima de una persecución” e empregaba frases como que “se considera perseguido”, fontes do programa relataron que recibiron centos de chamadas para que estudaran o que lle estaba a pasar, e se a persecución se debía ou non, a seres do máis aló ou a algún espíritu incómodo que rondaría a alcaldía.

Unha noticia do día de hoxe, no mesmo xornal, abriría a posibilidade de que un poltergeist de Borneiro andivera ao redor da alcaldía cabanesa. Sen embargo, Erik Giménez non desbota aínda nada, e espera estudar a fondo o suceso paranormal “in situ”.

O programa Quarto Milenium e o seu presentador Erik Giménez, analizarán no concello de Cabana, o vindeiro mes de maio, os fenómenos paranormales que puideran estar detrás da “persecución ” do seu alcalde
Quen “persigue” ao alcalde cabanés?

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2018/05/04/alcalde-cabanes-siente-victima-persecucion-grupo-vecinos/0003_201805C4C6991.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2019/01/17/alcalde-cabana-considera-perseguido-polas-denuncias-falsas-dun-grupo-xente-raiz-da-mina/0003_201901C17C5994.htm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s