16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, O caos do desgoberno, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Hai uns meses dicía que a auga de Nantón ía vir do concello de Zas. Agora di que vén do río Anllóns…. O desgoberno non se aclara…, pero debería aclarar os cartos que recibiu desde o 2010 para acometer estas obras, e que aínda non están feitas

Xa polo ano 2010 o desgoberno presumía de dispoñer de máis dun millón de euros para a auga do polígono industrial de Nantón; pero ao final, non houbo nada, de nada, e parte das obras de canalización xa realizadas, morren apodrecidas entre a terra.

O 26 de outubro de 2012, a Deputación da Coruña aprobaba o proxecto reformado nº 2 da obra “Ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Nantón”, incluída no Plan de Cooperación cos concellos (PCC) 2010, co Código: 10.3300.0157.0. O importe total ascendía a 198.165,65 euros, e adxudicada naquela época a Excavaciones Pose, S.L.

Agora a Deputación volve a subvencionar o abastecemento e saneamento na Pedra -Nantón. O orzamento base da licitación é de 105.655,25 euros,e a obra realízase co obxecto de aproveitar a dispoñibilidade dos 710.942.72 euros que lles foron asignados a través do Plan provincial de Cooperación “POS+ 2017”.

Recalculando: 198.165,65 + 105.655,25 euros dá un total de 303.820,90 euros, o que é unha barbaridade, tendo en conta que houbo Cidadanía que xa no seu momento pagara os enganches, e que aínda non hai abastecemento.

1.000.000 euros? + 198.165.65 +105.655,25 euros….???? Pero qué fai o desgoberno cos cartos da auga das parroquias de Nantón e Anos? E aínda así, seguimos sen auga!!!

Transparencia por favor!


1.000.000 euros? + 198.165.65 +105.655,25 euros….???? Pero qué fai o desgoberno cos cartos da auga das parroquias de Nantón e Anos? E aínda así, seguimos sin auga!

1.000.000 euros? + 198.165.65 +105.655,25 euros….???? Pero qué fai o desgoberno cos cartos da auga das parroquias de Nantón e Anos?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s