16 anos de desgoberno en Cabana, 16 anos sen oposición no concello cabanés!, Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O Psoe e o Bng cabanés, incumpren co seu papel de control político e deixan que o desgoberno continúe a facer falcatruadas ata o fin da lexislatura

Dá igual que a veciñanza teña problemas ou non. Dá igual que as obras públicas vaian ben ou non. Dá igual todo, porque a oposición cabanesa non se inmuta. Non fai absolutamente nada, e por enriba, seguro que teñen o descaro de facer campaña para as vindeiras eleccións municipais. Vergoña lles debería dar!!!

Cobraron algo os partidos da oposición cabanesa para “non facer oposición”?

Ou será no caso do Psoe, que “a filla da amiga” traballaría nunha subcontrata do desgoberno e así non lle faría xeito facer oposición? Estamos desexando que comece a campaña política para preguntarlle.

Vergoña, vergoña, vergoña…. Están a pillar para o peto ou que pasa aquí?

María Luz Varela, posible candidata do Bng nas vindeiras eleccións municipais e Enrique Díaz, o concelleiro socialista que debera liderar a oposición en Cabana, e que sen embargo, se mantuvo á marxe en case todas as decisións municipais, sen criticar seriamente ningunha actuación do desgoberno. Cidadanía de Cabana desexa preguntarlles os motivos da falla de oposición política.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s