16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo

Naturgy ten que responder pola desfeita da serra do Gontón despois do uso de explosivos na zona e compensar á cidadanía cabanesa. O “desgoberno” debera suspender de inmediato, como medida cautelar, a licencia das obras. O concello non percibe canon eólico ningún

O “desgoberno” pagou dous informes técnicos á empresa OGPO, S.L. (á que tamén lle pagan por xestionar o servizo de augas municipal e facer proxectos de obras), para apoiar a “desfeita” que o proxecto de Naturgy está a realizar na serra do Gontón. O uso de explosivos pode comprometer a estabilidade da serra e por en perigo as casas que hai ao pé dela. Por outra banda, os explosivos en boa parte dos casos desvían os acuíferos soterrados e deixan sen auga á poboación. A isto hai que engadir que estamos a falar de eólicos polos que o concello non percibe canon ambiental e por enriba son tan altos cá torre de Hércules.

Isto sin dúbida algunha repercute nas arcas municipais e compromete o desarrollo turístico do municipio, cousa que o “desgoberno” non tivo en conta cando pagou con carto público os informes que avalaron o proxecto.

Se Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) chega a gobernar, o proxecto de Naturgy vai ser examinado con lupa e incluso auditado. Non vamos a permitir que unha empresa que non paga canon ambiental algún desfaga con explosivos unha serra así sin máis. Por iso aparte doutras medidas que se poidan tomar, Naturgy terá que compensar á cidadanía de Cabana e non descartamos que teña que pagar a luz pública municipal, incluido o alumeado público, e as facturas das familias sen recursos que o precisen.

Fotografía do xornal Que pasa na Costa do día do 01/04/2019.
“A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes “

QUEPASANACOSTA.GAL

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s