Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Que máis hai no programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)?

  • Atención á Cidadanía

O alcalde e a súa equipa de goberno estaremos a disposición dás veciñas e dos veciños para todo o que precisen e cumpriremos cos horarios municipais para atender a todas as súas demandas.  Non como agora, que o que está, chega tarde e incluso hai que pedir cita para falar con el.

A atención ás veciñas e veciños é fundamental para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
  • Falar coa Cidadanía. O dereito da veciñanza a participar nos asuntos públicos

Todas as obras e servizos que se presten deben estar consensuados coa veciñanza. Falar cás veciños e cos veciños para saber o que precisan e as necesidades de cada parroquia é fundamental. Reunións parroquiais e xuntanzas veciñais serán o habitual, antes de aprobar calquer actuación ou programa de inversión. A veciñanza ten o dereito a participar e a ser escoitada e nós o deber de atender ás súas demandas.

É o deber dos servidores públicos falar cás veciñas e cos veciños, escoitar as súas demandas e atendelas con prontitude. A veciñanza ten o dereito a participar e a ser escoitada.
  • Transparencia e información

En Cabana non se publican os contratos menores nin as sesións dos plenos municipais, non se sabe a quen se adxudican as obras nin canto se gasta realmente nelas. A Cidadanía ten dereito a saber en todo momento que se contrata, con quen e por canto diñeiro. A transparencia e a información son fundamentais para Cidadanía Independiente de Cabana (CIC).


A transparencia e a información son fundamentais para Cidadanía Independiente de Cabana (CIC).
  • Muller e Igualdade de xénero

Sin dúbida somos a candidatura máis feminista. Traballaremos para acadar a igualdade de xénero en todos os eidos da vida municipal. Connosco haberá Xefas de Obra, Aparelladoras e Enxeñeiras…etc. As empresas adxudicatarias de contratos públicos municipais terán que demostrar que cumpren coa normativa de igualdade de xénero.

Cumprir coa igualdade de xénero é unha prioridade absoluta para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s