Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A alternativa do polígono industrial e do emprego para todas e todos. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana.

O 26 de maio tedes na vosa man realizar un cambio drástico na política municipal cabanesa. As mulleres e os homes da candidatura Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprometémonos a:

1.- O polígono industrial de Nantón – Anos será por fin unha realidade e os plans para o seu desarrollo están xa bastante avanzados. O noso obxectivo é a industria e o emprego, para todas e todos. Non podemos seguir perdendo o tren do desarrollo industrial no noso municipio. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana. Xa hai empresas interesadas en asentarse e os plans están xa maduros.

2.- Faremos unha auditoría aos 16 anos de desgoberno e das promesas incumpridas do Pp, para saber a onde foron parar os cartos.

3.-Paralizar o Plan Xeral de Ordenación municipal, para que a veciñanza non perda o chan edificable que ten arestora e redelimitar os núcleos será unha das nosas prioridades.

4.- Garantir un subministro de auga potable en condicións óptimas e eliminar os vertidos que van campo a través cara a ría tamén será unha das nosas prioridades, ao igual que poñer a punto o alcantarillado e a rede de sumidoiros.

5.- Rematar o paseo marítimo ata Ponteceso e facer do paseo marítimo cabanés un referente galego no desarrollo turístico, de xeito que inclúa un clube náutico como é debido e instalar un ou dous pantaláns, onde poidan amarrar as embarcacións de recreo e os barcos.

6.- Auditar a execución das obras do proxecto eólico de Mouriños, para ver se están a executarse ou non conforme ao proxecto autorizado. No caso de non ser así, paralizalas e pedir á empresa unha compensación polos danos causados na serra do Gontón trás o emprego de explosivos. Negociaremos coa empresa luz gratis para as veciñas e os veciños durante alomenos 5 anos (incluido o alumeado público), pola compensación dos danos causados na serra do Gontón. Estas negociacións son habituais coas empresas do sector eléctrico, e neste caso consideramos que Naturgy ten que compensarnos pola desfeita que fixo no Gontón coa utilización dos explosivos.

José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía polo partido Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s