Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Coñece máis ao detalle o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), no relativo ao desarrollo económico e turístico do noso municipio

Queres saber máis do noso programa electoral?

Estas son algunhas das apostas serias e firmes que forman parte do noso programa electoral.

Polígono industrial de Nantón:

– Poñeremos en marcha o polígono industrial de Nantón. Para facilitar o asentamento de empresas e garantir as primeiras inversións, teremos que asinar un par de convenios, para que o prezo do metro cadrado sexa moi baixo para as empresas de Cabana, a custe cero se pode ser e un pouco máis para as empresas de fóra, pero sempre a prezos moi rebaixados.

Temos que seguir os pasos de Ponteceso e Vimianzo e non perder este tren.

Para que as empresas se vaian asentando iremos facendo ou seguinte:

1.- Un heliporto base para os helicópteros do 061 Urxencias sanitarias de Galicia e o Servizo de Salvamento de Galicia.

2.- Instalacións deportivas e de lecer: pistas de tenis e pádel.

3.- Un centro ecuestre de equitación e a formación dun clube de hípica.

4.- Un párking para autocaravanas.

5.- Un Centro xeriátrico para a terceira idade como o que se vai a facer en Ponteceso, porque agora só está o Centro de día de Neaño, e este é insuficiente e non atende de noite ás persoas.

6.- Levar a auga ao polígono desde a canteira abandonada de Nantón (sempre co permiso dos propietarios). Esta auga pódese utilizar nos usos industriais.

7.- Unha base para a extinción de incendios cun helicóptero con cámaras para axudar na prevención dos incendios. Este helicóptero contará con cámaras capaces de transmitir imaxes fixas e de vídeo en tempo real e xeorreferenciadas, o que permitirá comprobar a situación dos lumes sobre plano e a súa evolución, con unha calidade que será de vital axuda á hora de tomar decisións durante os traballos de extinción.

7.- Bonificación no imposto do ICIO dun 98% para as empresas que se asenten en Cabana e xeren empregos para as veciñas e veciños de Cabana.

Paseo marítimo e desarrollo do litoral cabanés:

– Rematar o paseo marítimo ata o dique de Ponteceso e instalar un pantalán ou dous, para o amarre de pequenas embarcacións e barcos.

– Crear un clube náutico como é debido, que agora é unha caseta de obras.

-Sanear todo o litoral cabanés para acabar cos vertidos á ría.

-Tramitar a bandeira azul para a praia de Rebordelo.

-Dotar a todas as praias duns accesos adecuados, incluidos os accesos para persoas con diversidade funcional e capacidades diversas. Instalar mobiliario adecuado e contratar o servizo de socorristas, de xeito que sempre exista todos os anos este servizo e funcionando como é debido.


Un heliporto base para os helicópteros do Servizo de extinción de incendios da Xunta de Galicia, unha prioridade de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Un heliporto base para os helicópteros do 061 Urxencias sanitarias de Galicia, unha prioridade para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Instalacións deportivas e de lecer: pistas de tenis e pádel,
axudarán a movilizar o polígono industrial de Nantón, outra prioridade de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Un párking para autocaravanas axudará a movilizar o polígono industrial de Nantón, outra prioridade de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
A instalación dun pantalán para o amarre de embarcacións e pequenos barcos é un elemento clave no programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
O polígono industrial de Nantón será unha realidade con Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CICI)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s