Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Queres coñecer algunhas das nosas propostas para impulsar a hostalería e o turismo en Cabana de Bergantiños? O turismo náutico -deportivo, un obxectivo a cumprir

Aquí vai un adianto das propostas do partido Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), para impulsar a hostalería e o turismo en Cabana de Bergantiños:

1.- Saneamento integral do litoral cabanés.

2.- Rematar o paseo marítimo ata o malecón de Ponteceso e tramitar a bandeira azul para a praia de Rebordelo.

3.- Crear un clube náutico como é debido, porque o de agora é unha caseta de obra. Fomentar o turismo náutico -deportivo.

4.- Instalar un ou dous pantaláns para o amarre das embarcacións e pequenos barcos.

5.- Ter as praias do noso concello ben acondicionadas, limpas e con socorristas, e non como estiveron estes últimos 16 anos.

Así están os accesos a algunha das praias de Cabana neste intre:

Acceso actual a unha das praias de Cabana de Bergantiños

6.- Instalar duchas en todas as praias e construír bós accesos ás mesmas con zonas de aparcadero adecuadas.

7.- Delimitar e acondicionar como é debido unha praia fluvial no río Cundíns e dar a coñecer o turismo do interior do concello, como as fermosas fervenzas da Margarida, en Cundíns e do Pozo da Forca, na parrquia de Riobóo.

8.- Fomentar o turismo ornitolóxico e de congresos.

9.- Construír un párkig de autocaravanas no polígono industrial de Nantón.

10.- Promocionar o turismo de Cabana e os establecementos de hostalería nas feiras de turismo nacionais e autonómicas. Contratar persoal para o punto de atención turística municipal, na estrada que vai de Ponteceso a Laxe. Queremos que o turismo se quede en Cabana!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s