Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Que hai no noso programa electoral para as persoas maiores do concello?

Velaquí vos deixamos algunhas das propostas que a candidatura Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) presenta para as persoas maiores do noso concello.

Participa na elaboración do noso programa coas túas aportacións!

1.- Reforzar o departamento de Servizos Sociais do noso concello, dotándoo de máis persoal e maior dispoñibilidade orzamentaria.

2.- Incrementar a plantilla do persoal auxiliar coidador, incrementar o número de horas de axuda no fogar que se lle adican a cada persoa maior e reducir os prezos públicos do custe do servizo. Estender o servizo de axuda no fogar a máis persoas (isto será posible reducindo custes naquelas partidas orzamentarias que menos prexudiquen os servizos públicos municipais, o que nos permitirá incrementar as plantillas e pagar os salarios establecido por lei).

3.- Festa anual gratuita para a terceira idade.

4.- Ximnasia e autocoidado para as persoas maiores en todas as parroquias. Abrir os locais sociais das parroquias e dotalos de materiais e persoal, para a atención do ocio e do tempo de lecer das persoas maiores.

5.- Construción dun xeriátrico no polígono industrial de Nantón.

6.- Reforzar o Centro de Día de Neaño con máis persoas usuarias e máis persoal. Baile para os nosos maiores todas as fins de semana e máis programas de actividades. Dotar a centro dun servizo de fisioterapia xeriátrica e masaxe.

7.- Reforzar o programa de Educación Familiar para as persoas maiores: autocoidado no domicilio, axuda no fogar, alimentación sá, formación nos dispositivos de axuda…etc.

8.- Desarrollo dun programa específico de fisioterapia para a terceira idade. Axudas para a compra ou renovación das próteses.

9.- Desarrollo dun programa específico para as persoas afectadas de alzheimer e os seus coidadores e coidadoras.


10.- Desarrollo dun programa específico para o tratamento da diabete e a colesterolemia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s