Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Propostas da candidatura de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), para as persoas con diversidade funcional e capacidades diversas

Coñece algunhas das nosas propostas para as persoas con diversidade funcional e capacidades diversas. Calquera destas propostas está aberta á participación das asociacións do noso municipio e ás familias das persoas destinatarias dos servizos.

Axúdanos a mellorar o noso programa e participa connosco realizando as túas propias aportacións!

1.- Taller de imprenta para enfermos mentais, sempre en colaboración coas asociacións do noso municipicio. Este taller pode ser substituído por calquer outro, que as persoas destinatarias e as súas familias consideren máis convinte.

2.- Liña de axudas para a compra ou renovación de próteses.

3.- Mellora da accesibilidade nos entornos e edificios públicos, incluidos os aparcamentos.
Acceso a todas as praias do municipio e a calquer lugar público.

4.- Actividades formativas e cursos para ás asociacións de persoas con diversidade funcional e capacidades diversas.

5.- Liña de axudas para a mellora dos entornos, de accesibilidade nos fogares e para a compra de produtos de apoio.

6.- Liña de axudas para a realización de actividades e o fomento da empregabilidade das persoas con diversidade funcional e capacidades diversas.

7.- Liña de axudas para a mellora no transporte.

8.- Puntuación específica nos procesos selectivos, compatibles para as persoas con diversidade funcional e capacidades diversas, co fin de mellorar a súa empregabilidade no noso municipio.

9.- Ampliar o servizo de axuda a domicilio para que as persoas poidan permanecer nas súas casas. Axudas ás familias para acadar a normalización e a inclusión social.

10.- Apoio ao deporte paralímpico e mellora das instalacións deportivas.

11.- Creación dun xeriátrico no polígono industrial de Nantón, con prazas reservadas para persoas con diversidade funcional, que non se poidan acoller ao servizo de axuda no fogar e desexen permanecer no noso municipio.

12.- Desenvolvemento dun plan de accesibilidade cognitiva a produtos, servizo (lectura fácil), e apostar por unha administración local universalmente accesible.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s