Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Que hai no programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) no eido da cultura?

Desde a candidatura de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) realizamos unha aposta seria polo fomento e promoción cultural.

Velaquí os nosos obxectivos:

1.- Sabías que Cabana é un dos concellos con máis conxuntos arquitectónicos da cultura tradicional? cabazos, cruceiros, lavadoiros, muíños, unha torre medieval… E sabías que é un dos concellos con máis xacementos arqueolóxicos? mámoas, dólmens, castros,… Pois ben, desde esta alternativa política vamos a realizar unha promoción seria e decidida pola posta en valor e difusión do noso patrimonio cultural, arqueolóxico, arquitectónico e etnográfico.

Para iso é fundamental ter debidamente identificados, catalogados e con unha boa sinalización todos estes bens.

2.Sabías que Cabana é un dos concellos con máis asociacións, comisións de festas e clubes deportivos? Pois sí que o é. E para axudarlles aprobaremos unha importante liña de subvencións anual, co fin de reforzar as súas actividades. Dotar aos locais sociais de wifi, material informático, mobiliario…etc. é unha das nosas prioridades.

Ademais cómpre facilitarlles os trámites que precisen para o desarrollo das súas actividades. Ter unhas boas festas é moi importante, polo que manteremos unha colaboración estreita coas Comisións de Festas.

3.- Fortalecer a Escola de Teatro, a de Música, as Escolas Deportivas, Talleres, Cursos, Aula de Informática, Idiomas, Escola Náutica…. é tamén un obxectivo do noso programa.

4.- Abrir os vellos Puntos de Lectura das parroquias ao público en xeral, e sobre todo ás veciñas e aos veciños, é unha prioridade. Os locais sociais teñen que ser puntos abertos á veciñanza, dotados dos medios materiais e humanos precisos para a realización da súa actividade e dotalos de novos libros, libro eletrónico, materiais, wifi…etc.

5.- Unha aposta firme pola Biblioteca municipal poñendo en valor as obras dos autores e das autoras de Cabana é un dos nosos obxectivos. O desarrollo do libro electrónico será toda unha experiencia.

6.- Fomentar a cultura entre as nosas crianzas e as nenas e os nenos do municipio é unha das liñas mestras deste programa. A colaboración cos colexios e coa Asociación de Nais e Pais será fundamental para nós.

7.- Sabías que o noso concello ten unha manchea de talentos e persoas que escriben, pintan, tocan instrumentos musicais…etc…? Pois vamos a promocionar a todos estes talentos para que se coñezan! Vamos a poñer en valor o noso!

8.- A Festa da Xuventude! Seremos un dos primeiros concellos que poñeremos en marcha a Festa da Xuventude! Varios días de Festa para poñer en valor o mellor que ten Cabana: a nosa xente nova!

9.- Unha Festa Marisqueira! Ao igual que outros concellos da volta, vamos a poñer en valor a nosa cultura gastronómica con unha Festa Marisqueira da ría de Cabana! Para isto estableceremos unha relación e colaboración estreita cos colectivos que traballan na nosa ría!

10.- Temos un inmenso patrimonio e na nosa man vai a estar o seu coñecemento e a súa difusión. Seremos recoñecidos pola posta en valor do noso patrimonio e da nosa cultura, e para iso vamos a realizar promocións, publicacións, visitas guiadas, sinalización dos bens, difusión nos puntos turísticos….etc.

E para iso é clave a nosa Paisaxe! Sabías que Cabana ten unhas das Paisaxes máis fermosas de toda a volta? Pois sí. E protexeremos e axudaremos a difundir e protexer estas paisaxes fermosas. Seremos coidadosos na súa protección e na súa difusión!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s