Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Queres coñecer algunhas das nosas propostas para as asociacións e clubes deportivos do noso concello?

Amosamos algunhas das propostas da candidatura de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), que configuran o noso programa electoral para as eleccións municipais do 26 de maio, en relación ás distintas asociacións, entidades e clubes deportivos do noso municipio.

Animádevos a participar coas vosas aportacións! Entre todas e todos podemos enriquecer esta proposta!

Somos un municipio moi rico en canto a texido asociativo e no referido ao cultivo de talentos e artes musicais. Pero tamén destancan entidades sobresaíntes como a asociación Íntegro, os distintos clubes de fútbol da nosa costa, a Xunta local da asociación española contra o cancro e por suposto, as distintas corais que día a día realizan un bó traballo.

Por iso, e sempre despois de escoitar os intereses de cada colectivo, estableceremos un plan de colaboración específica con cada entidade, que máis se adecúe as súas necesidades e inquedanzas.

Velaquí algunhas das liñas a seguir:

  • Propiciar encontros a nivel local, entre as asociacións, as persoas socias e o concello para falar sobre das súas necesidades e a forma de satisfacelas de xeito satisfactorio.
  • Facilitar leitos para a opinión e a participación institucional de todas as entidades, asociacións e clubes, para canalizar as súas demandas e poder atendelas satisfactoriamente desde o concello.
  • Incrementar a liña de axudas ás asociacións e clubes do noso concello.
  • Incrementar a liña de axudas ás comisións de festas de cada parroquia.
  • Dotar de medios técnicos a todas as asociacións, de maneira que todas as entidades e clubes dispoñan da tecnoloxía e os medios precisos para desenvolver as súas actividades.
  • Modernizar os locais sociais, dotalos de todo o material preciso para que a veciñanza poida desfrutar das instalacións con mesas, sillas, equipos informáticos, wifi, libros para os puntos de lectura, acondicionamento exterior para parques infantís e ocio…etc.
  • Establecer unha colaboración estreita e frutífera coas diversas asociacións e clubes do noso concello.
  • Mellorar as instalacións deportivas do noso concello e os campos de fútbol.
  • Fomentar o deporte entre as nenas e os nenos do noso concello con liñas de axuda, monitores, competicións…etc.
  • Axudas específicas para o desarrollo dos talentos musicais, líricos e teatrais no noso municipio. Axuda e colaboración cos colexios e institutos co pleno apoio ás diversas actividades escolares e extraescolares que se establezan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s