Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Somos o goberno que sacará adiante o polígono industrial de Nantón. Solo industrial e emprego para todas e todos

O 26 de maio tedes na vosa man realizar un cambio drástico na política municipal cabanesa. As mulleres e os homes da candidatura Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprometémonos a:

1.- O polígono industrial de Nantón – Anos será por fin unha realidade e os plans para o seu desarrollo están xa bastante avanzados. O noso obxectivo é a industria e o emprego, para todas e todos. Non podemos seguir perdendo o tren do desarrollo industrial no noso municipio. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana. Xa hai empresas interesadas en asentarse e os plans están xa maduros.

Polígono industrial de Nantón:

Garantimos a posta en marcha do polígono industrial de Nantón. Para facilitar o asentamento de empresas e garantir as primeiras inversións, teremos que asinar un par de convenios, para que o prezo do metro cadrado sexa moi baixo para as empresas de Cabana, a custe cero se pode ser e un pouco máis para as empresas de fóra, pero sempre a prezos moi rebaixados.

Temos que seguir os pasos de Ponteceso e Vimianzo e non perder este tren.

Para que as empresas se vaian asentando iremos facendo ou seguinte:

  • Un heliporto base para os helicópteros do 061 Urxencias sanitarias de Galicia e Salvamento Marítimo.
  • Instalacións deportivas e de lecer: pistas de tenis e pádel.
  • Un centro ecuestre de equitación e a formación dun clube de hípica.
  • Un párking para autocaravanas.
  • Un centro xeriátrico para a terceira idade como o que se vai a facer en Ponteceso, porque agora só está o Centro de día de Neaño, e este é insuficiente e non atende de noite ás persoas.
  • Levar a auga ao polígono desde a canteira abandonada de Nantón (sempre co permiso dos propietarios). Esta auga pódese utilizar nos usos industriais.
  • Unha base para a extinción de incendios cun helicóptero con cámaras para axudar na prevención dos incendios. Este helicóptero contará con cámaras capaces de transmitir imaxes fixas e de vídeo en tempo real e xeorreferenciadas, o que permitirá comprobar a situación dos lumes sobre plano e a súa evolución, con unha calidade que será de vital axuda á hora de tomar decisións durante os traballos de extinción.

2.- Faremos unha auditoría aos 16 anos de desgoberno e das promesas incumpridas do Pp, para saber a onde foron parar os cartos.

3.-Paralizar o Plan Xeral de Ordenación municipal, para que a veciñanza non perda o chan edificable que ten arestora e redelimitar os núcleos será unha das nosas prioridades.

4.- Garantir un subministro de auga potable en condicións óptimas e eliminar os vertidos que van campo a través cara a ría tamén será unha das nosas prioridades, ao igual que poñer a punto o alcantarillado e a rede de sumidoiros.

5.- Rematar o paseo marítimo ata Ponteceso e facer do paseo marítimo cabanés un referente galego no desarrollo turístico, de xeito que inclúa un clube náutico como é debido e instalar un ou dous pantaláns, onde poidan amarrar as embarcacións de recreo e os barcos.

Paseo marítimo e desarrollo do litoral cabanés:

  • Rematar o paseo marítimo ata o dique de Ponteceso e instalar un pantalán ou dous, para o amarre de pequenas embarcacións e barcos.
  • Crear un club náutico como é debido, que agora é unha caseta de obras.
  • Sanear todo o litoral cabanés para acabar cos vertidos á ría.

6.- Auditar a execución das obras do proxecto eólico de Mouriños, para ver se están a executarse ou non conforme ao proxecto autorizado. No caso de non ser así, paralizalas e pedir á empresa unha compensación polos danos causados na serra do Gontón trás o emprego de explosivos. Negociaremos coa empresa luz gratis para as veciñas e os veciños durante alomenos 5 anos (incluido o alumeado público), pola compensación dos danos causados na serra do Gontón. Estas negociacións son habituais coas empresas do sector eléctrico, e neste caso consideramos que Naturgy ten que compensarnos pola desfeita que fixo no Gontón coa utilización dos explosivos.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC): Somos o goberno que sacará adiante o polígono industrial de Nantón. Solo industrial e emprego para todas e todos”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s