Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Que hai no noso programa electoral para a xente máis nova de Cabana?

Queres saber o que hai no programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) para a xente máis nova e para as mozas e mozos de Cabana?

  • Para as mozas e os mozos de Cabana:

1.Becas de estudios para todas e todas, incluidas as becas para o desprazamento ás universidades e centros de formación profesional.

2. Axudas de ata 4.000 euros para a posta en marcha das súas empresas e negocios.

3. Solo industrial gratuito no concello de Cabana para poñer en marcha as súas iniciativas empresariais.

4.Axudas de ata 6.000 euros para a compra da vivenda habitual en Cabana.

5.Organización da Festa da Xuventude: evento lúdico festivo con grandes grupos musicais.

  • Para as nenas e nenos de Cabana:

1.Ampliación do servizo de gardería infantil, creación de máis prazas de persoal e a coste cero.

2. Programas de actividades específicos para os máis pequechos do noso concello.

3.Estreitar a colaboración cos colexios públicos: realizar máis actividades e dotalos de máis medios persoais e técnicos.

4.Arranxo integral dos parques infantís do noso municipio e crear outros.

5. Impulsar as actividades deportivas, de lecer e tempo libre. Crear unha ecogranxa educativa, o Programa de Animais Felices e Aldeas Felices para os máis cativos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s