Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A posta a punto das parroquias cabanesas, un obxectivo a cumprir para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Que hai no programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) para as parroquias cabanesas?

1.- Arranxo integral das pistas forestais de todas as parroquias, para que incluso un vehículo normal poida circular por elas.

2.- Limpeza de cunetas e corta periódica do céspede das áreas recreativas, campos das festas e carballeiras.

3.- Arranxo integral dos parques infantís e instalación de parques biosaudables en todas as parroquias, con aparellos de ximnasia para as persoas maiores e demáis persoas usuarias.

4.- Apertura ao público dos distintos locais sociais do concello e dotar os mesmos do mobiliario e tecnoloxía suficiente, para que as veciños e veciños poidan dispoñer deles de maneira cómoda.

5.- Saneamento integral das parroquias para que os vertidos non vaian campo a través.

6.- Captacións de auga e servizo de auga doméstica a todas as vivendas en condicións óptimas.

7.- Reducir ao mínimo o recibo da auga, naquelas parroquias nas que o servizo está xestionado polo concello.

8.- Abrir os puntos de lectura das parroquias ao público, con material novo e dotalos de wifi, ordenadores e demáis tecnoloxía que facilite a vida á veciñanza.

9.- Realizar unha convocatoria anual de subvencións e axudas para todas as asociacións, clubes deportivos, comunidades de augas e comisións de festas para as inversións e actividades que precisen.

10.- A posta a punto dos campos de fútbol e pistas deportivas de cada parroquia.

11.- A posta a punto do alumeado público de cada parroquia seguindo criterios de eficiencia enerxética e escasa contaminación lumínica. Renovar o alumeado público de todas as igrexas, áreas recreativas, campos de fútbol e pistas deportivas, parques e xardíns, prazas…etc.

12.- Nova cartelería e paneis indicativos para a sinalización das parroquias, lugares emblemáticos, monumentos e elementos culturais de interés…etc.

15.- Poñer en valor o patrimonio cultural e ambiental de cada parroquia. Renovar o mobiliario e a sinalización das áreas recreativas, campos de festas, carballeiras, fervenzas, ríos…etc. Eliminar puntos incontrolados de vertidos.

16.- Executar beirarrúas nas parroquias con núcleos concentrados como Cesullas, Canduas…etc.

17.- Reformar as estradas que impiden o acceso das ambulancias ás vivendas das persoas.

18.- Reforma integral e posta a punto do Rego dos Muíños na parroquia de Canduas e rehabilitar os muíños da Regueira, na parroquia de Corcoesto.

19.- Acondicionar como é debido unha praia fluvial na parroquia de Cundíns e rehabilitar a antiga escola unitaria de Anos, para o uso da veciñanza.

20.- Favorecer o diálogo e a participación da veciñanza de cada parroquia na toma de decisións e a execución das obras e servizos que lles interesen.

A posta a punto das parroquias cabanesas, un obxectivo a cumprir para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s