Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Vota José Díaz Rodríguez, un futuro mellor para Cabana

Todos os que queremos o mellor para Cabana temos este domingo a oportunidade de poñer fin a 16 anos de desgoberno e involución. A 16 anos perdidos. Temos a responsabilidade de elexir un goberno que pense nos intereses das veciñas e dos veciños, que planifique o futuro e que resolva os problemas do presente. Un goberno que non minta, que non divida, un goberno que trate a todo o mundo exactamente igual. O mellor para Cabana é ter un horizonte que alcanzar e un rumbo claro.
En Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) queremos que Cabana sexa un referente na Costa da Morte e en Galicia, con oportunidades para traballar, para vivir e para disfrutar. Por iso che pedimos que este domingo nos dés o teu apoio. Temos o mellor equipo, temos o mellor programa de goberno e co teu voto, o único voto útil, recuperaremos unha mellor Cabana.
Vota Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC). Vota José Díaz Rodríguez, un futuro mellor para Cabana.

Vota José Díaz Rodríguez, un futuro mellor para Cabana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s