16 anos de desgoberno en Cabana, A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, As casualidades non existen, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Case tres anos sen dar publicidade aos acordos do Pleno do concello de Cabana. Que “agochan”? A falla de información é un síntoma claro de que algo grave está a pasar

Desde o 31 de marzo de 2016 a Cidadanía de Cabana non tivo noticia do que se aprobaba ou deixaba de aprobarse no Pleno da Corporación municipal cabanesa. A falla de información é un síntoma claro de que non interesa que a Cidadanía saiba o que pasa ou deixa de pasar na Casa municipal que é de todas e de todos.

Os datos que figuran na web municipal son os da sesión plenaria do 31 de marzo de 2016
Por que custa tanto cumprir coa normativa de transparencia e bo goberno?
16 anos de desgoberno en Cabana, A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Invertindo o diñeiro público no patrimonio eclesiástico, Onde está o polígono industrial de Cabana?

Os cartos “quéimanse” no arranxo das casas rectorales de Cesullas e Nantón e o polígono industrial de Nantón morre entre toxos. Así funciona o desgoberno

Os cartos “quéimanse” no arranxo das casas rectorales de Cesullas e Nantón mentras o polígono industrial morre entre toxos. Así funciona o desgoberno. E os nosos fillos seguirán a buscar o seu futuro noutro lado, porque aquí xa non lles queda nada a que agarrarse.

O polígono industrial de Nantón, a toxos
16 anos de desgoberno en Cabana, 16 anos sen oposición no concello cabanés!, A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Chapuzas nas obras públicas, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Fan a senda de Neaño, pola beira que máis prexudica á Cidadanía cabanesa, expropian os terreos a prezos irrisorios e cos cartos que levan gastados, xa terían feito sendas por toda Cabana. Onde van os cartos??

Executan a senda peonil pola beira que máis prexudica á veciñanza de Cabana de Bergantiños. Podían facela polo outro lado da estrada, na que xa había unha beirarrúa feita, pero non.

E por que elixen esta marxe e non a outra? Porque así conseguían máis cartos para financiar a obra?

Con todos os cartos que levan gastados na senda de Neaño, xa terían feito sendas por toda Cabana. Onde van os cartos?

Por encima, expropian a prezos irrisorios, e tanto é así, que xa non podemos falar de expropiación, senón máis ben de “espolio”.

Por que non fixeron a senda polo outro lado da estrada, onde xa había unha beirarrúa? Por que así non conseguían tantos cartos?

Por que non fixeron a senda polo outro lado da estrada, onde xa había unha beirarrúa? Por que así non conseguían tantos cartos? 

Por que non fixeron a senda polo outro lado da estrada, onde xa había unha beirarrúa? Por que así non conseguían tantos cartos? 

Por que non fixeron a senda polo outro lado da estrada, onde xa había unha beirarrúa? Por que así non conseguían tantos cartos? 
A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Abandono e desleixo, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Así queda a auga de Nantón, enrollada a tubería nunha cuneta. Xa esmorece a tubería no lugar da Pedra, a espera das eleccións…

Por que tantas subvencións para a mesma auga desde o ano 2010, e aínda non hai auga? Que se coce entre o concello e a Deputación?

Así quedou a tubería da auga n o lugar da Pedra, en Nantón, á vista da Cidadanía a tubería, coma quen que se instala a auga, cando non se fai nada. E así vaise facendo tempo…., para cando veñan as eleccións.

Onde van as “alarmantes subvencións” para a auga de Nantón? Onde van os cartos?

Así xa esmorece a tubería da auga de Nantón, no lugar da Pedra, a espera das eleccións. Onde van os cartos??
16 anos sen oposición no concello cabanés!, A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Bares de primeira e bares de segunda. Queixas entre os bares que acollen as foliadas polas parroquias, do programa Saberes e Sabores cabanés. A xente vai onde hai pinchos e viño gratis….

Din non recibiren o mesmo trato.  Que todo se basea en ser máis ou menos amigo do desgoberno. Non é o mismo que vaia falar con un, o asesor cultural (a quen lle chaman tamén o “segundo alcalde”), que quen o faga sexa o rapaz que leva o tema de cultura. A xente vai onde hai pinchos e viño gratis….

Outros tamén din que se fomenta innecesariamente o consumo de alcol entre a xente, con diñeiro público de todos, mentras as estradas están cheas de fochancas e as cunetas sen facer. A verdade é que hai outras necesidades, sin necesidade de fomentar o caciquismo de barra de bar.

Así se estragan os cartos dos cabaneses e das cabanesas….


 A xente vai onde hai pinchos e viño gratis….
O fomento do consumo de alcol á costa do diñeiro público cabanés?
Escea do bar de Mou, a coñecida serie dos Simpson
A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Hai que facer estradas como é debido e deixarse de tanta zahorra, que non vai a ningures

O acceso ao lugar de Sinde, onde se ubica a gardería municipal é unha vergoña. Non se pode ter peor acceso a un edificio público e a un lugar: estreito, con fochancas e cun amago de beirrarúa á que lle está a marchar a pintura vermella, sen limpar as cunetas…etc. Moi mal!

7.jpg

 

A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

As estradas esnaquizadas da parroquia de Anos. Que fan cos cartos que veñen da Deputación da Coruña para o arranxo das estradas cabanesas?

Aquí temos outro exemplo do desgoberno. A estrada que vai o lugar de Rosamonde, en Anos. Toda desfeita e esnaquizada. Leva anos e anos así. Onde van a parar os cartos que veñen da Deputación da Coruña, do Plan provincial de obras e servizos (POS) para o arranxo das estradas? Que fan cos cartos? Van parar todos ao Dolmen de Dombate?

Este é un exemplo de como adoitan estar as estradas cabanesas. Non hai transparencia, a zahorra debe ir moi cara… ou todo vai parar ao Dolmen. Non se explica.

7799
A parroquia de Anós presenta un déficit das infraestruturas públicas

IMG-20181107-WA0004
Estrada ao lugar de Rosamonde, parroquia de Anos. Para cando un firme como é debido?

IMG-20181107-WA0003
Estrada ao lugar de Rosamonde, parroquia de Anos, para cando un firme como é debido?

11111

A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A auga de Nantón, podería ser o abastecemento máis caro da historia dos concellos galegos; e aínda non hai auga, e cando a teñan, pagarán o recibo ao concello de Zas

Parece unha broma pesada ou o argumento dunha película cómica. Despois de varias subvencións bastante importantes da Deputación da Coruña, a día de hoxe aínda non está solucionado o abastecemento dos núcleos de Nantón. Despois de que a Cidadanía xa pagara hai tempo os enganches. Despois de obra vén e obra vai, e moito tardar, a Cidadanía acabará pagando o recibo ao concello de Zas.

Xa polo ano 2010 o desgoberno presumía de dispoñer de máis dun millón de euros para a auga do polígono industrial de Nantón; pero ao final, non houbo nada, de nada, e parte das obras de canalización xa realizadas, morren apodrecidas entre a terra.

O 26 de outubro de 2012, a Deputación da Coruña aprobaba o proxecto reformado nº 2 da obra “Ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Nantón”, incluída no Plan de Cooperación cos concellos (PCC) 2010, co Código: 10.3300.0157.0. O importe total ascendía a 198.165,65 euros, e adxudicada naquela época a Excavaciones Pose, S.L.

Agora a Deputación volve a subvencionar o abastecemento e saneamento na Pedra -Nantón. O orzamento base da licitación é de 105.655,25 euros, e a obra realízase co obxecto de aproveitar a dispoñibilidade dos 710.942.72 euros que lles foron asignados a través do Plan provincial de Cooperación “POS+ 2017”. O máis probable é que a licitación volte a recaer en Excavaciones Pose, S.L.

Recalculando: 198.165,65 + 105.655,25 euros dá un total de 303.820,90 euros, o que é unha barbaridade, tendo en conta que houbo Cidadanía que xa no seu momento pagara os enganches, e que aínda non hai abastecemento.

Despois de contar con proxectos que ascendían a 303.820,90 euros, vanlle acabar pagando a auga ao concello de Zas!

1111.png

 

 

1
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo de La Opinión A Coruña

2
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo da información de La Voz de Galicia

3
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo da información de La Opinión da Coruña

 

 

 

 

A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O mirador da Aguieira en moi mal estado, con fochancas e cheo de lixo

En moi mal estado, con fochancas e casi intransitable, así está o mirador da Aguieira. Que fan cos cartos? Por que non acondicionan os espazos turísticos do municipio?

17.jpg

Mirador da Aguieira nun estado lamentable, debido á falla de mantemento

A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Abandono e desleixo, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Cantos cartos hai enterrados nesta decantadora de Corcoesto, que non funciona desde que a instalaron, alá polo 2012?

Houbo Cidadanía que ata pagou os enganches alá polo 2012, e aproximadamente preto de 200.000 euros están enterrados nesta finca de Corcoesto. Que contas son as do desgoberno cabanés? Por que tanto despilfarro nunha inversión que nunca chegou a funcionar?

En setembro de 2010 adxudicaban a Excavaciones Pose, S.L. o contrato de obras denominado “Ampliación das redes de abastecemento e saneamento municipais na parroquia de Corcoesto” (Cod.10.3300.0158.0) incluida no Plan Provincial para Cooperación cos Concellos (PCC 2008/2011), por un prezo total co ive de 155.388,77 euros.  A isto hai que sumarlle o mantemento anual e os custes do terreo.

E velaí están as obras. Mortas de risa. Outro exemplo máis do desgoberno cabanés!

decantadora Corcoesto.jpg
Decantadora en Corcoesto, sen funcionar desde alomenos o 2012