16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Por que é necesario un cambio de goberno en Cabana de Bergantiños? Unha lexislatura máis de desgoberno do Pp e Cabana xa non sae da UCI

1º.- Porque en 16 anos que leva gobernando o Partido popular, Cabana perdeu poboación. En concreto máis de 1.000 habitantes e a tendencia continúa á baixa.

Cabana pasou de 5.447 habitantes no ano 2003 a 4.337 habitantes no ano 2018. E continúa o descenso.

Que fixo o desgoberno do Partido popular cabanés para frear esta alarmante caída de poboación? NADA.

Datos da evolución da poboación de Cabana nos últimos 16 anos de desgoberno do Partido popular cabanés
Fonte: https://www.foro-ciudad.com/la-coruna/cabana-de-bergantinos/habitantes.html

2º.- Sube o número de parados en Cabana de Bergantiños, con especial impacto no colectivo de mulleres.


Segun os datos publicados polo SEPE no mes de Abril o número total de parados é de 257, dos cales 101 son homes e 156 mulleres. As persoas maiores de 45 anos,, con 169 parados son o grupo de idade mais afectado polo paro, seguido dos que se atopan entre 25 e 44 anos con 77 parados, o grupo menos numeroso son os menores de 25 anos con 11 parados.

Por sectores vemos que no sector servizos é onde maior numero de parados existe no municipio con 131 persoas, seguido da industria con 64 parados, a construción con 39 parados, as persoas sen emprego anterior con 16 parados e por ultimo a agricultura con 7 parados.

Que fixo o desgoberno do Partido popular cabanés para xenerar emprego no municipio? NADA.

Segun os datos publicados polo SEPE no mes de Abril o número total de parados en Cabana é de 257, dos cales 101 son homes e 156 mulleres
Fonte: https://www.foro-ciudad.com/la-coruna/cabana-de-bergantinos/habitantes.html

3º.- Baixa o número de afiliados á Seguridade Social en abril do 2019.

Que fixo o desgoberno do Partido popular cabanés para xenerar emprego no municipio? NADA.

Afiliados á Seguridade social en abril de 2019, en Cabana de Bergantiños

4º.- O municipio de Cabana de Bergantiños, un dos que ten a renda bruta media máis baixa, é dicir, que é pobre

Estamos á cola en canto nivel de riqueza.

Que fixo o desgoberno do Partido popular cabanés para xenerar máis riqueza para os seus habitantes? NADA.

En cor azul a renda bruta media de Cabana de Bergantiños, moi por debaixo da renda media bruta de Galicia e da provincia da Coruña
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía en Movemento

Queres saber o que oculta ou do que non fala o Partido popular cabanés nos seus mitins?

O Partido popular cabanés non fala nos seus mitins de…..

1.- O Pp cabanés non fala das verteduras de fecais no litoral cabanés e da ausencia de saneamento, a pesar de que a veciñanza paga os recibos.

2.- O Pp cabanés non fala do chan industrial, non fala do polígono industrial, non fala de instalar empresas en Cabana nin de crear emprego no concello para as veciñas e os veciños, e para que as nosas fillas e fillos non teñan que marcharse á Coruña ou municipios limítrofes.

3.- O Pp cabanés non fala de que o Dolmen de Dombate leva comidos máis de catro millóns de euros, e que con estes cartos xa se podería ter desarrollado en Cabana un bó polígono industrial e creado emprego para as veciñas e os veciños. Catro millóns de euros poderían dar para moito, se non foran todos para Dombate. Dombate non dá de comer ás familias.

4.- O Pp cabanés non fala de que o alcalde vive noutro municipio e que só ven a Cabana cobrar as nóminas e non paga imposto ningún no concello.

5.- O Pp cabanés non fala de que en 16 anos que gobernou non foi capaz de levar aínda a auga ás parroquias, e iso que tivo subvencións de máis dun millón de euros para facelo.

6.- O Pp cabanés non fala de que nos 16 anos que leva de desgoberno Cabana sufriu unha sangría demográfica sin precedentes, e non fixo nada para parala, nin para que as nosas fillas e fillos teñan un futuro no municipio.

7.- O Pp cabanés non fala de que fixo unha revalorización catastral e que lle puxo un valor o solo dos máis altos da comarca, para despois no Plan urbanístico en tramitación, retirar o solo edificable e levalo para as parcelas dos “amigos” que el lle “pareceu”.

8.- O Pp cabanés non fala de que por moito que baixe o IBI cos valores altos que lle puxo o solo, a veciñanza pagamos demasiado, e que por enriba non vamos poder edificar no chan que ata o de agora sí se podía facer.

9.- O PP cabanés non fala de que en Canduas expropia a uns veciños para facerlle un acceso a un chalé privado, duns “amigos” que viven fóra do concello.

10.- O Pp cabanés non fala de que para falar co alcalde hai que pedir cita ou audiencia e non está a disposición da veciñanza. E que chegue cedo, porque moitas veces son as 12 e aínda non apareceu polo concello.

11.- O Pp cabanés non fala de que non lle tembla a man á hora de expropiar a prezos de saldo, e deixar a veciñanza sin os terreos que tanto lle custou gañar cos seus suores.

12.- O Pp cabanés non fala dos “amaños” que ten co seu xornal de cabeceira, para que lle fagan publicidade día sí e día non tamén e mentindo, como cando dicía que comprara a torre da Penela, cando aínda non o fixo. Canto cobra ese xornal das veciñas e veciños de Cabana?

13.- O Pp cabanés non fala de que o aparcadero de Corcoesto está sen rematar e que instalou na igrexa unhas luces propias dunha explotación gandeira.

14.- O Pp cabanés non fala de que ten as pistas forestais das parroquias todas esnaquizadas e que en 16 anos non se acordou de mirar para elas. O Pp cabanés non fala de que a decantadora de Corcoesto leva máis de 9 anos sen funcionar e de que ten parroquias como Borneiro e Canduas totalmente abandonadas.

15.- O Pp cabanés non fala de que nas vacacións de verán non hai médico no centro de saúde de Nantón, porque el non se acorda de pedirllo ao Sergas.

16.- O Pp cabanés non fala de que non ten socorristas nas praias, que non ten accesos a moitas delas e que a praia de San Pedro ten as escaleiras sen rematar. Tampouco se acorda de que as beirarrúas de Canduas e as pistas forestais dan pena. Abandono e desleixo!

17.- O Pp cabanés non se acorda para nada das empresas de Cabana, a non ser que sexa para tirarlle as naves ou para que paguen impostos.

18.- O Pp cabanés non se acorda de que en 16 anos non foi capaz de rematar o paseo marítimo ata Ponteceso.

19.- O Pp cabanés non se acorda de que a Casa da Vela hai que devolverlla en breve á familia Tedín, que é a súa propietaria, e que estivo metendo cartos públicos da veciñanza nunha propiedade allea.

20.- O Pp cabanés non se acorda de que cos cartos que está a invertir nas casas rectorais de Nantón e Cesullas podía ter preparado o chan industrial suficiente, para que se foran asentando empresas en Cabana e creando emprego.

21.- O Pp cabanés non se acorda de que cos cartos que leva malgastados en propiedades privadas (casa da vela, rectorais..), podería ter desarrollado o polígono industrial de Nantón e creado emprego para as veciñas e os veciños.

22.- O Pp cabanés non di que o seu cabeza de lista ten unha causa xudicial coa xustiza pendente de resolver.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) SÍ VAMOS A FACER TODO O QUE O PP CABANÉS NON FIXO. Somos a alternativa do solo industrial e da creación de emprego no municipio, para todas as veciñas e veciños.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), a única alternativa política que leva máis dun ano facendo oposición, sin estar na Corporación municipal
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Chapuzas nas obras públicas, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Diñeiro da veciñanza de Cabana para cortar as ortigas da horta do cura de Nantón. Preto de 80.000 € “tirados” coma quen di, sen que a veciñanza teña proveito algún. O “negocio” das hortas dos curas

Preto de 80.000 euros para cortar as ortigas da horta do cura de Nantón e pouco máis. Quen se cree que cortar e podar un pouco aquí e acolá custa preto de 80.000 euros? Onde van os cartos?

Diñeiro da veciñanza de Cabana para cortar as ortigas da horta do cura de Nantón. Preto de 80.000 € “tirados” coma quen di, sen que a veciñanza teña proveito algún. O “negocio” das hortas dos curas.

Onde van os cartos? Máis información e transparencia na contratación administrativa é o que precisa a veciñanza de Cabana.

O “negocio” das hortas dos curas
O “negocio” das hortas dos curas
Diñeiro da veciñanza de Cabana para cortar as ortigas da horta do cura de Nantón
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Paralizadas as obras da rectoral de Cesullas? Patrimonio busca as sopenas ou topetes do tellado? Ai, ai, ai…. se nós xa o diciamos…. Onde van os cartos?

Onde van as sopenas ou topetes do tellado da casa rectoral de Cesullas? Por que se paralizaron as obras? Pois sábeo Patrimonio e mailo desgoberno, pero este non informa. Está caladiño. E as sopetas ou topetes onde van? Parece un culebrón, pero non o é. Parece un chiste cómico, pero non o é. O caso é que se invertiron aí na rectoral un montón de diñeiro público e agora quedan paralizadas as obras.

Estanse a rir da veciñanza? Onde van os cartos? Por que non se explica á veciñanza con claridade os motivos desta paralización? É verdade que desapareceron as sopenas ou topetes do tellado da casa rectoral? Están paralizadas as obras como se di que están? Máis transparencia e información!

Por que se meteron os cartos no patrimonio eclesiástico cando quen tiña que arranxar esta casa rectoral era a Xunta e a Igrexa, en virtude do convenio que teñen asinado?

Obras na rectoral de Cesullas
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, O lamentable estado das estradas cabanesas, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O “desgoberno” maquilla a última hora e ás présas as estradas cabanesas, gracias a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

As estradas cabanesas estiveron durante 16 anos totalmente esnaquizadas. Os grupos políticos da oposición que tiñan que traballar e controlar ao goberno, tampouco fixeron nada e incluso presumían de poñerlle unha “alfombra roja”.

En Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) levamos máis dun ano facendo oposición forte, e sen estar no goberno. Gracias a nosa oposición o “desgoberno” comezou a moverse e agora apura e maquilla as estradas cabanesas; non todas, porque non pode facer en pouco tempo o que non fixo en 16 anos.

É unha mágoa que non faga o mesmo co alcantarillado das parroquias. Onde está o alcantarillado? Onde van os cartos? Que fixeron cos cartos dos últimos 16 anos?

Estrada de Cundíns. O “desgoberno” maquilla a última hora e ás présas as estradas cabanesas, gracias a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O “desgoberno” fai deixamento das súas funcións públicas e permite que os participantes da ruta ciclista de Borneiro, financiada con cartos de todos, se inscriban no seu “xornal de cabeceira”. Por que trata de “eludir” o concello as súas responsabilidades?

Canto cobra o xornal de cabeceira do “desgoberno” cabanés por inscribir ás persoas participantes na ruta ciclista de Borneiro? Por que un xornal, e non a Administración pública, ten que inscribir á xente que participa e non o fai o concello directamente? Que se “agocha” detrás desta asunción de responsabilidades públicas do xornal?

Por que nunha actividade pública que se financia con diñeiro de todas e de todos, as persoas participantes se teñen que inscribir nunha empresa privada?

A veciñanza de Cabana merece unha explicación. Pero moito máis a merecen as persoas que participan. Vamos a explicar os motivos:

1.- Non é o mismo que a responsabilidade da inscrición sexa dunha Administración pública que dunha empresa particular. A Administración responde sempre, o faga ben ou mal. Unha empresa responde “ás veces”, porque o seu fin principal non é o interés público senón o lucro.

2.- As persoas participantes necesitan seguridade e garantías de que participan nunha entorna segura. A Administración, neste caso o concello, correspóndelle velar e tutelar o interés público, posto que se trata dunha actividade pública, aínda que no financiamento axuden empresas privadas.

3.- Como vai protexer os datos dos participantes o xornal, que é unha empresa privada? Que garantías teñen as persoas participantes en relación ao tratamento dos seus datos persoais? Cédenselle datos persoais ao xornal? En caso afirmativo, para que finalidade.


Por que nunha actividade pública que se financia con diñeiro de todas e de todos, as persoas participantes se teñen que inscribir nunha empresa privada?
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Así están algunhas prazas públicas do “desgoberno” cabanés. Onde van os cartos?

Prazas e espazos públicos con fochancas e sen espazos de xogos infantís…. Onde van os cartos?

Por que non hai un espazo de xogos infantís debidamente acondicionado?

Imaxe da praza de Neaño no día de onte. Fochancas e abandono. Onde está a área de xogos infantís?

Imaxe da praza de Neaño no día de onte. Fochancas e abandono. Onde está a área de xogos infantís?
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, O lamentable estado da praia de San Pedro, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O Pp cabanés frea o desarrollo turístico. Así está o lamentable estado das praias cabanesas. Onde van os cartos?

Así está agora mesmo a fermosa praia de San Pedro….: sen accesos e cos que hai sen rematar, sen ducha, a ducha nun soporte esnaquizado e con cemento, a pista de acceso con fochancas. Onde van os cartos?

Onde están os accesos para persoas con diversidade funcional?

Accesos sen rematar e cheos de vexetación
A maleza e a herba medra nos accesos á praia de San Pedro , onde van os cartos?
Ducha sen rematar na praia de San Pedro e sobre unha base mal feita de cemento, onde van os cartos?
Estrada con fochancas, onde van os cartos?
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Porque precisamente nos interesa a ría de Cabana e a calidade do seu marisco, o saneamento integral do litoral é unha prioridade para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Non se pode ocultar a realidade do litoral cabanés. De feito Augas de Galicia abriu un expediente sancionador ao concello de Cabana, polos vertidos do litoral. O silencio non soluciona este problema.

O Partido popular cabanés ocultou durante anos e anos os vertidos no litoral cabanés. É unha cuestión de saúde pública e de saúde dos ecosistemas litorais o saneamento integral do litoral de Cesullas e de Canduas.

Se hai algunha candidatura interesada no saneamento integral do litoral é Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC). Porque precisamente nos interesa a ría de Cabana e a calidade do seu marisco, o saneamento integral do litoral é unha das prioridades desta candidatura.

A ría de Cabana, a calidade do seu marisco e o saneamento integral do litoral é unha prioridade para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O desleixo do desgoberno cabanés: as ambulancias que non acceden ao lugar de Monelos, en Canduas e teñen que percorrer 300 metros cos enfermos na padiola

As pistas do lugar de Monelos son tan estreitas que nin as ambulancias poden acceder e seguen sen poder facelo, despois de 16 anos de “desgoberno”. Que fixeron os do Pp durante todos estes anos? Onde van os cartos?

O desleixo do desgoberno cabanés: ambulancias non acceden ao lugar de Monelos, en Canduas e teñen que percorrer 300 metros cos enfermos na padiola
O desleixo do desgoberno cabanés: ambulancias non acceden ao lugar de Monelos, en Canduas e teñen que percorrer 300 metros cos enfermos na padiola