16 anos de desgoberno en Cabana, Abanea a alcaldía de Cabana?, Máis transparencia por favor, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O que agocha o desgoberno…

Que agocha o desgoberno? Por que a información relativa á contratación pública só se proporciona “a medias”?

En relación aos contratos públicos o desgoberno agocha moitas cousas que debera facer públicas en favor da obrigada transparencia.

Entre a información que non se lle proporciona á Cidadanía de Cabana está a seguinte:

1.- O número dos licitadores, con identificación dos admitidos, excluídos e, no seu caso, dos seleccionados que optan ás licitacións públicas.
2.- A valoración das ofertas de acordo cos criterios de valoración.
3.- As adxudicacións dos contratos.
4.- As formalizacións dos contratos.
5.-A información relativa a todos os contratos menores, con indicación do obxecto, duración, importe de licitación e adxudicación, número de licitadores participantes e identidade do adxudicatario publicaranse, polo menos trimestralmente, no portal web de transparencia.

16 anos de desgoberno en Cabana, Abanea a alcaldía de Cabana?, Cidadanía en Movemento, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Unidos para seguir vivindo á costa da Cidadanía de Cabana

Perfecto Vázquez regresa á política cabanesa con un novo partido “Unidos por Cabana”?? A ninguén enganan. Un “amaño” do Partido popular para asegurarse a alcaldía? Canto costaría este posible pacto de “dous sillóns” ás arcas municipais?

A alcaldía de Cabana “abanea”. E tanto “abanea” que non dubidan en “facer amaños” para asegurarse a continuidade no sillón do goberno cabanés tras as próximas eleccións municipais?? Por que non explican se hai “pacto” ou “amaño” ou que? Canto vai a costar á Cidadanía de Cabana “os dous sillóns”, de ser o caso? Un é a almofada do outro? O que fai o medo por “perder o negocio”..


Canto vai a costar á Cidadanía de Cabana “os dous sillóns”, de ser o caso? Un é a almofada do outro? O que fai o medo por
“perder o negocio”..
Abanea a alcaldía de Cabana?

O equipo do programa Quarto Milenium estuda trasladarse ao concello de Cabana, para investigar quen “persigue” ao seu alcalde

O responsable do programa Quarto Milenium, Erik Giménez e o seu equipo de investigación de sucesos paranormales, visitará o concello de Cabana no vindeiro mes de maio, para saber quen “persigue” ao seu alcalde.

Tras as exclusivas dadas polo propio rexidor, e xa van dúas, no xornal “La Voz de Galicia” na edición de Bergantiños, na que este afirmaba ser “víctima de una persecución” e empregaba frases como que “se considera perseguido”, fontes do programa relataron que recibiron centos de chamadas para que estudaran o que lle estaba a pasar, e se a persecución se debía ou non, a seres do máis aló ou a algún espíritu incómodo que rondaría a alcaldía.

Unha noticia do día de hoxe, no mesmo xornal, abriría a posibilidade de que un poltergeist de Borneiro andivera ao redor da alcaldía cabanesa. Sen embargo, Erik Giménez non desbota aínda nada, e espera estudar a fondo o suceso paranormal “in situ”.

O programa Quarto Milenium e o seu presentador Erik Giménez, analizarán no concello de Cabana, o vindeiro mes de maio, os fenómenos paranormales que puideran estar detrás da “persecución ” do seu alcalde
Quen “persigue” ao alcalde cabanés?

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2018/05/04/alcalde-cabanes-siente-victima-persecucion-grupo-vecinos/0003_201805C4C6991.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2019/01/17/alcalde-cabana-considera-perseguido-polas-denuncias-falsas-dun-grupo-xente-raiz-da-mina/0003_201901C17C5994.htm