16 anos de desgoberno en Cabana, As casualidades non existen, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Urbanismo para os amigos?

As obras dos “amigos”, “irmáns de …”, “cuñaos” e demáis familia. A uns “tíranlle” as casas, os muros, as naves e os depósitos de augas e a outros permítenlle construír “enriba da estrada e sen gardar os retranqueos”. Urbanismo para quen? Pois parece que depende quen sexas….

Parece que non hai como ser “amigo” ou “familia de…” para que non haxa problemas de ningún tipo á hora de construír, aínda que sexa enriba da estrada. Aquí temos esta obra no medio de Neaño que practicamente se fai enriba da estrada, de feito os aleros da casa todo indica que irán enriba da vía pública. Uns teñen que soportar o “espolio” das súas fincas e outros temos que “soportar os abusos de quen manda”.

A Cidadanía xa está cansa de tantos abusos de poder….Vaite xa!!!

Obra en Neaño en construción, sen gardar os retranqueos á vía pública

16 anos de desgoberno en Cabana, A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, As casualidades non existen, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Case tres anos sen dar publicidade aos acordos do Pleno do concello de Cabana. Que “agochan”? A falla de información é un síntoma claro de que algo grave está a pasar

Desde o 31 de marzo de 2016 a Cidadanía de Cabana non tivo noticia do que se aprobaba ou deixaba de aprobarse no Pleno da Corporación municipal cabanesa. A falla de información é un síntoma claro de que non interesa que a Cidadanía saiba o que pasa ou deixa de pasar na Casa municipal que é de todas e de todos.

Os datos que figuran na web municipal son os da sesión plenaria do 31 de marzo de 2016
Por que custa tanto cumprir coa normativa de transparencia e bo goberno?
As casualidades non existen, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía en Movemento, En investigación...

O desgoberno cabanés pagou con carto público dous informes técnicos á empresa OGPO, S.L. (agora chamada Hidrantia), que xestiona as augas municipais e vencellada ao chamado “Cártel galego do asfalto”, para que a Xunta aprobara o parque eólico de Fenosa no Alto da Fernandiña.

O concello de Cabana de Bergantiños paga cos cartos de todas as cabanesas e cabaneses dous informes técnicos para axudarlle á Fenosa a conseguir autorización ambiental para instalar tres muíños eólicos no Alto da Fernandiña, entre Canduas e Borneiro.

Por se Fenosa non tivera poucos beneficios, por enriba, o desgoberno cabanés axúdalle, pagando do peto público os informes técnicos para que a Xunta de Galicia informara favorablemente o proxecto eólico de Fenosa Wind, agora Naturgy.

Por iso, porque as causalidades non existen, Cidadanía de Cabana solicitará que se investiguen estes contratos e pagos realizados a OGPO, S.L., que cando menos chaman moito a atención.

11.jpg.png
Parágrafos da autorización ambiental do parque eólico Mouriños, en Canduas

OGPO, S.L. titular da concesión do servizo das augas municipais do concello cabanés por preto dun millón de euros e beneficiaria de outros contratos municipais, chámase agora Hidrantia. Un dos seus cargos estivo vencellado ao chamado “Cártel galego do Asfalto”.

Pero, que hai detrás de Hidrantia? 

En principio hai 3 apoderados: Vicente Lourido Vázquez, Juan Sanmartín Ferreiro e Rebeca Sánchez Naveira. A empresa constituiuse con un capital de 3.030 euros e recentemente realizou unha ampliación de capital de 10 euros. Aínda non presentou as contas do ano 2017 e en teoría supostamente presenta perdas. Ten o seu domicilio preto da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña e realizou unha ampliación do seu obxecto social para adicarse ás promocións e inversións inmobiliarias e a prestar servizos de consultoría no campo da informática e as novas tecnoloxías.

Juan Sanmartín Ferreiro é o director xeral de OVISA, coñecido no mundo das autovías galegas, Conselleiro de ACEGA (autovía Santiago -Dozón), Xerente UTE Piedrafita, diversas responsabilidades en varios tramos de autovia: San Ciprián -Allariz, UTE Ourense -Melón.

Véxase: https://es.linkedin.com/in/juan-sanmartin-ferreiro-23149045

O apoderado de Hidrantia, Juan Sanmartín Ferreiro, vencellado con Ovisa, a empresa que os medios de comunicación relacionaban co Cártel galego do Asfalto.

https://galicia.economiadigital.es/directivos-y-empresas/el-cartel-gallego-del-asfalto-burla-a-competencia-en-los-tribunales_336641_102.html

“El que fue conocido como ‘cártel del asfalto’ acordaba ofertas a la baja para presentarse a licitaciones de las administraciones como empresas que competían entre sí. La ganadora, compensaba económicamente al resto. El fraude se destapó en 2011 y Competencia incluyó en la trama a cinco empresas gallegas a las que impuso ocho millones en multas.

Dos de ellas, Extraco, construccións e proxectos y Misturas, obras e proxectos, con sede en Ourense, continúan la pugna judicial en el Tribunal Supremo; la también ourensana Ocasa y su filial Betunes y firmes, lograron una estimación parcial de su recurso ante la Audiencia Nacional; mientras que la quinta, Ovisa Pavimentos y Obras, con domicilio en Outeiro de Rei (Lugo), ha encajado un fallo desfavorable de la Audiencia Nacional, aunque Competencia no confirma que haya pagado la sanción correspondiente, que ascendía a 100.000 euros”.

Fonte: EDeconomía Digital.

77.jpg
Esteiro do Anllóns, ría de Corme-Laxe

 

11.jpg.png