Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Apoderamento das mulleres, Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Este espazo apodera ás Mulleres, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Votar a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) é votar ás mulleres de Cabana, aos seus dereitos e ao emprego para todas

Votar a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) é votar ás mulleres de Cabana, aos seus dereitos e ao emprego para todas. 
Se todo vai conforme ao previsto ata o de agora, unha empresa vencellada ao Ibex 35, instalaríase no polígono de Nantón -Anos da man de CIC, para xerar emprego alomenos para 138 mulleres. 
Por iso pedimos o voto a todas as mulleres de Cabana, porque ademais todas e todos confiamos en que somos a mellor alternativa para as mulleres do noso municipio.

Votar a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) é votar ás mulleres de Cabana, aos seus dereitos e ao emprego para todas
É preciso fomentar o emprego en Cabana, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Un rural vivo e dinámico, que xere emprego e sexa o proxecto de vida e de futuro da nosa xente nova, o obxectivo de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

As parroquias de Cabana necesitan unha atención prioritaria. Dinamizar o rural, xerar emprego, que a xente nova se quede en Cabana e teña un proxecto de vida e de futuro en Cabana é fundamental. Somos o partido político que garante un rural vivo e con todos os servizos.
Por iso este domingo 26 pedimos a túa confianza e unha oportunidade para desarrollar un futuro mellor para Cabana.

Un rural vivo e dinámico, que xere emprego e sexa o proxecto de vida e de futuro da nosa xente nova, o obxectivo de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O compromiso de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Se as veciñas e os veciños de Cabana así o desexan, Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprométese a:
1º.- Desarrollar o polígono industrial de Nantón -Anos e a crear emprego para todas e todos os cabaneses.
2º.- Paralizar o Plan xeral urbanístico, agora en tramitación, para que as familias poidan conservar o chan edificable e axudar a que ningunha construción quede fóra de ordenación.
3º.- Garantir uns bós accesos ás vivendas e todos os núcleos, coas estradas debidamente acondicionadas e garantir o subministro de auga potable en condicións óptimas. Eliminar os vertidos que van campo a través e os do litoral cabanés.
4º.- Realizar, se a veciñanza nos apoia, unha auditoría aos 16 anos de desgoberno, para saber que foi das subvencións millonarias que viñeron para levar a auga a todas as parroquias e que aínda hoxe non se ven as obras por ningures.

O compromiso de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
16 anos de desgoberno en Cabana, 16 anos sen oposición no concello cabanés!, Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Hoxe, mércores día 22 de maio ás 20:30 horas, mitin de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) no Café -Bar O Seixoso, no lugar do Carballal, na parroquia de Cesullas

Hoxe, mércores día 22 de maio ás 20:30 horas, mitin de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) no Café -Bar O Seixoso, no lugar do Carballal, na parroquia de Cesullas.

Animádevos a participar!

Hoxe, mércores día 22 de maio ás 20:30 horas, mitin de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) no Café -Bar O Seixoso, no lugar do Carballal, na parroquia de Cesullas.
Animádevos a participar!

Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Apoderamento das mulleres, Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Coñece ao detalle o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Podes consultar os detalles do noso programa electoral nos seguintes enlaces da nosa web:

Industria e Emprego

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/04/23/conece-mais-o-detalle-o-programa-electoral-de-ciudadanos-independientes-de-cabana-cic/?fbclid=IwAR3XMKoUac23WoANKXCuBHmAxi-Xo62Clg-XZADCQL95YwrTbBCWArW2fao

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/05/17/un-futuro-mellor-para-cabana-xa-hai-tres-empresas-interesadas-en-instalarse-no-poligono-industrial-outra-alternativa-si-e-posible/?fbclid=IwAR1OzTXVnUdSRMoLUxQZieRlkRyY0XQWhXC1FfS0HcMUVkMRs4BxZGsdJ_4

Turismo e Hostalería

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/05/02/cabana-necesita-con-urxencia-un-ou-dous-pantalans-para-o-amarre-das-embarcacions-impulsar-o-turismo-nautico-deportivo-rematar-o-paseo-maritimo-e-finiquitar-os-vertidos-no-litoral/?fbclid=IwAR3uP2sSa06f_xCMzDDM046l_0QK7uYXTT4UGriXl8acRRZKOXSe4HLidzA

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/04/28/queres-conecer-algunhas-das-nosas-propostas-para-impulsar-a-hostaleria-e-o-turismo-en-cabana-de-bergantinos-o-turismo-nautico-deportivo-un-obxectivo-a-cumprir/?fbclid=IwAR0bBesPFAYozN0_HOF2GC3ZaOoEqKhNXjoDzXT3rMFEdjc3imHt__BnVCM

• As nosas parroquias

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/05/10/a-posta-a-punto-das-parroquias-cabanesas-unha-obxectivo-a-cumprir-para-ciudadanos-independientes-de-cabana-cic/?fbclid=IwAR1nUkxqR_XLsAEOfNy-DhkwnA00EP1HTL3gAWqLZqocgtYQ3QPXIpaeAFo

As nosas persoas maiores

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/04/29/que-hai-no-noso-programa-electoral-para-as-persoas-maiores-do-concello/?fbclid=IwAR2Qwj-zci5f2JoVaa_0pnpLdGInEvZAQnEgD1tlTKaBWISbdwDOslPyMTM

Mozas e Mozos e os máis pequechos

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/05/02/que-hai-no-noso-programa-electoral-para-a-xente-mais-nova-de-cabana/?fbclid=IwAR2h-dWBqnlbFZBkPNNAOP0Ec45_iX-ve2ROpKKLdKUm-cGc68vwktQzxd0

• Persoas con discapacidade funcional e capacidades diversas

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/04/30/propostas-da-candidatura-de-ciudadanos-independientes-de-cabana-cic-para-as-persoas-con-diversidade-funcional-e-capacidades-diversas/?fbclid=IwAR35zY5IYcIY6aXgy6dkZhyiz26F82mwIRpRpi1AeRVeShfN5Eb9bZ9UwVA

• Asociacións, Clubes Deportivos e Comisións de Festas

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/05/01/queres-conecer-algunhas-das-nosas-propostas-para-as-asociacions-e-clubes-deportivos-do-noso-concello/?fbclid=IwAR3HjNKeAZKtI2XcbE7tgSriutgf0dopE5p892GqTzFzz-PRJ3Kg4pToBJ8

Transparencia, Atención á Cidadanía e Muller

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/04/19/que-mais-hai-no-programa-electoral-de-ciudadanos-independientes-de-cabana-cic/?fbclid=IwAR00Ax7syN6sZvtO2jmNHSoNREApJn4rAbcoYpbeGHBLNPyyXUqgAKSfs64

• Cultura, Patrimonio e Paisaxes

https://unfuturomellorparacabana.com/2019/05/01/que-hai-no-programa-electoral-de-ciudadanos-independientes-de-cabana-cic-no-eido-da-cultura/?fbclid=IwAR1yScw1-XLQQKseJ0yqKEHYsTP9liKdhJ2yqmUFxvHR2Z4lGuSSBEKAIBA

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A alternativa do polígono industrial e do emprego para todas e todos. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana.

O 26 de maio tedes na vosa man realizar un cambio drástico na política municipal cabanesa. As mulleres e os homes da candidatura Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprometémonos a:

1.- O polígono industrial de Nantón – Anos será por fin unha realidade e os plans para o seu desarrollo están xa bastante avanzados. O noso obxectivo é a industria e o emprego, para todas e todos. Non podemos seguir perdendo o tren do desarrollo industrial no noso municipio. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana. Xa hai empresas interesadas en asentarse e os plans están xa maduros.

2.- Faremos unha auditoría aos 16 anos de desgoberno e das promesas incumpridas do Pp, para saber a onde foron parar os cartos.

3.-Paralizar o Plan Xeral de Ordenación municipal, para que a veciñanza non perda o chan edificable que ten arestora e redelimitar os núcleos será unha das nosas prioridades.

4.- Garantir un subministro de auga potable en condicións óptimas e eliminar os vertidos que van campo a través cara a ría tamén será unha das nosas prioridades, ao igual que poñer a punto o alcantarillado e a rede de sumidoiros.

5.- Rematar o paseo marítimo ata Ponteceso e facer do paseo marítimo cabanés un referente galego no desarrollo turístico, de xeito que inclúa un clube náutico como é debido e instalar un ou dous pantaláns, onde poidan amarrar as embarcacións de recreo e os barcos.

6.- Auditar a execución das obras do proxecto eólico de Mouriños, para ver se están a executarse ou non conforme ao proxecto autorizado. No caso de non ser así, paralizalas e pedir á empresa unha compensación polos danos causados na serra do Gontón trás o emprego de explosivos. Negociaremos coa empresa luz gratis para as veciñas e os veciños durante alomenos 5 anos (incluido o alumeado público), pola compensación dos danos causados na serra do Gontón. Estas negociacións son habituais coas empresas do sector eléctrico, e neste caso consideramos que Naturgy ten que compensarnos pola desfeita que fixo no Gontón coa utilización dos explosivos.

José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía polo partido Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
16 anos de desgoberno en Cabana, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Problemas na depuración das augas residuais en Cabana

Inauguración da casa do Pendón con “cheas” e á beira do alcantarillado que reborda. Que turistas “disfrutarán” do marisco á beira do alcantarillado? Quen paga estas “comilonas”?

Non tardaron moito. As “cheas” xa chegaron á casa do Pendón recén inaugurada. Claro que como non hai moita transparencia non nos explicaron quen se beneficiou das “comilonas” e non sabemos tampouco se foron pagadas con diñeiro público.

Mesa preparada na casa do Pendón, para quen? e colector de alcantarilla preto da casa do Pendón

Mesa preparada na casa do Pendón, para quen? e colector de alcantarilla preto da casa do Pendón que cando chove reborda ante a falla de previsión
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Os sobrantes das obras do concello cabanés, “abandonados” en calquer lugar, neste caso enriba dunha vía pública e á beira da finca dun “aspirante” a concelleiro do Pp

Esta imaxe correspóndese con unha morea de terra que unha subcontrata do desgoberno deixou “abandonada” no lugar de Cardezo, sobre da vía pública e á beira da sinalización do núcleo.

Claro que a morea de terra igual responde a un capricho de “Méteme formigón na eira”, un aspirante a concelleiro do Pp. E por iso xa lle parece que o resto da Cidadanía ten que soportar este inconvinte, cando transita pola vía pública.

Restos dunha obra pública, “abandonados” enriba dunha vía pública e á beira da sinalización do núcleo de Cardezo, en Corcoesto