Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O compromiso de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Se as veciñas e os veciños de Cabana así o desexan, Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprométese a:
1º.- Desarrollar o polígono industrial de Nantón -Anos e a crear emprego para todas e todos os cabaneses.
2º.- Paralizar o Plan xeral urbanístico, agora en tramitación, para que as familias poidan conservar o chan edificable e axudar a que ningunha construción quede fóra de ordenación.
3º.- Garantir uns bós accesos ás vivendas e todos os núcleos, coas estradas debidamente acondicionadas e garantir o subministro de auga potable en condicións óptimas. Eliminar os vertidos que van campo a través e os do litoral cabanés.
4º.- Realizar, se a veciñanza nos apoia, unha auditoría aos 16 anos de desgoberno, para saber que foi das subvencións millonarias que viñeron para levar a auga a todas as parroquias e que aínda hoxe non se ven as obras por ningures.

O compromiso de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A posta a punto das parroquias cabanesas, un obxectivo a cumprir para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Que hai no programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) para as parroquias cabanesas?

1.- Arranxo integral das pistas forestais de todas as parroquias, para que incluso un vehículo normal poida circular por elas.

2.- Limpeza de cunetas e corta periódica do céspede das áreas recreativas, campos das festas e carballeiras.

3.- Arranxo integral dos parques infantís e instalación de parques biosaudables en todas as parroquias, con aparellos de ximnasia para as persoas maiores e demáis persoas usuarias.

4.- Apertura ao público dos distintos locais sociais do concello e dotar os mesmos do mobiliario e tecnoloxía suficiente, para que as veciños e veciños poidan dispoñer deles de maneira cómoda.

5.- Saneamento integral das parroquias para que os vertidos non vaian campo a través.

6.- Captacións de auga e servizo de auga doméstica a todas as vivendas en condicións óptimas.

7.- Reducir ao mínimo o recibo da auga, naquelas parroquias nas que o servizo está xestionado polo concello.

8.- Abrir os puntos de lectura das parroquias ao público, con material novo e dotalos de wifi, ordenadores e demáis tecnoloxía que facilite a vida á veciñanza.

9.- Realizar unha convocatoria anual de subvencións e axudas para todas as asociacións, clubes deportivos, comunidades de augas e comisións de festas para as inversións e actividades que precisen.

10.- A posta a punto dos campos de fútbol e pistas deportivas de cada parroquia.

11.- A posta a punto do alumeado público de cada parroquia seguindo criterios de eficiencia enerxética e escasa contaminación lumínica. Renovar o alumeado público de todas as igrexas, áreas recreativas, campos de fútbol e pistas deportivas, parques e xardíns, prazas…etc.

12.- Nova cartelería e paneis indicativos para a sinalización das parroquias, lugares emblemáticos, monumentos e elementos culturais de interés…etc.

15.- Poñer en valor o patrimonio cultural e ambiental de cada parroquia. Renovar o mobiliario e a sinalización das áreas recreativas, campos de festas, carballeiras, fervenzas, ríos…etc. Eliminar puntos incontrolados de vertidos.

16.- Executar beirarrúas nas parroquias con núcleos concentrados como Cesullas, Canduas…etc.

17.- Reformar as estradas que impiden o acceso das ambulancias ás vivendas das persoas.

18.- Reforma integral e posta a punto do Rego dos Muíños na parroquia de Canduas e rehabilitar os muíños da Regueira, na parroquia de Corcoesto.

19.- Acondicionar como é debido unha praia fluvial na parroquia de Cundíns e rehabilitar a antiga escola unitaria de Anos, para o uso da veciñanza.

20.- Favorecer o diálogo e a participación da veciñanza de cada parroquia na toma de decisións e a execución das obras e servizos que lles interesen.

Queres ver algunhas das desfeitas que hai arestora nas parroquias cabanesas? Vamos a mudar isto, para que non se repita máis.

Desfeitas nas parroquias cabanesas

Desfeitas nas parroquias cabanesas

Desfeitas nas parroquias cabanesas

Desfeitas nas parroquias cabanesas

Desfeitas nas parroquias cabanesas

Desfeitas nas parroquias cabanesas

Desfeitas nas parroquias cabanesas

Desfeitas nas parroquias cabanesas
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Queres coñecer algunhas das nosas propostas para as asociacións e clubes deportivos do noso concello?

Amosamos algunhas das propostas da candidatura de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), que configuran o noso programa electoral para as eleccións municipais do 26 de maio, en relación ás distintas asociacións, entidades e clubes deportivos do noso municipio.

Animádevos a participar coas vosas aportacións! Entre todas e todos podemos enriquecer esta proposta!

Somos un municipio moi rico en canto a texido asociativo e no referido ao cultivo de talentos e artes musicais. Pero tamén destancan entidades sobresaíntes como a asociación Íntegro, os distintos clubes de fútbol da nosa costa, a Xunta local da asociación española contra o cancro e por suposto, as distintas corais que día a día realizan un bó traballo.

Por iso, e sempre despois de escoitar os intereses de cada colectivo, estableceremos un plan de colaboración específica con cada entidade, que máis se adecúe as súas necesidades e inquedanzas.

Velaquí algunhas das liñas a seguir:

  • Propiciar encontros a nivel local, entre as asociacións, as persoas socias e o concello para falar sobre das súas necesidades e a forma de satisfacelas de xeito satisfactorio.
  • Facilitar leitos para a opinión e a participación institucional de todas as entidades, asociacións e clubes, para canalizar as súas demandas e poder atendelas satisfactoriamente desde o concello.
  • Incrementar a liña de axudas ás asociacións e clubes do noso concello.
  • Incrementar a liña de axudas ás comisións de festas de cada parroquia.
  • Dotar de medios técnicos a todas as asociacións, de maneira que todas as entidades e clubes dispoñan da tecnoloxía e os medios precisos para desenvolver as súas actividades.
  • Modernizar os locais sociais, dotalos de todo o material preciso para que a veciñanza poida desfrutar das instalacións con mesas, sillas, equipos informáticos, wifi, libros para os puntos de lectura, acondicionamento exterior para parques infantís e ocio…etc.
  • Establecer unha colaboración estreita e frutífera coas diversas asociacións e clubes do noso concello.
  • Mellorar as instalacións deportivas do noso concello e os campos de fútbol.
  • Fomentar o deporte entre as nenas e os nenos do noso concello con liñas de axuda, monitores, competicións…etc.
  • Axudas específicas para o desarrollo dos talentos musicais, líricos e teatrais no noso municipio. Axuda e colaboración cos colexios e institutos co pleno apoio ás diversas actividades escolares e extraescolares que se establezan.
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Propostas da candidatura de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), para as persoas con diversidade funcional e capacidades diversas

Coñece algunhas das nosas propostas para as persoas con diversidade funcional e capacidades diversas. Calquera destas propostas está aberta á participación das asociacións do noso municipio e ás familias das persoas destinatarias dos servizos.

Axúdanos a mellorar o noso programa e participa connosco realizando as túas propias aportacións!

1.- Taller de imprenta para enfermos mentais, sempre en colaboración coas asociacións do noso municipicio. Este taller pode ser substituído por calquer outro, que as persoas destinatarias e as súas familias consideren máis convinte.

2.- Liña de axudas para a compra ou renovación de próteses.

3.- Mellora da accesibilidade nos entornos e edificios públicos, incluidos os aparcamentos.
Acceso a todas as praias do municipio e a calquer lugar público.

4.- Actividades formativas e cursos para ás asociacións de persoas con diversidade funcional e capacidades diversas.

5.- Liña de axudas para a mellora dos entornos, de accesibilidade nos fogares e para a compra de produtos de apoio.

6.- Liña de axudas para a realización de actividades e o fomento da empregabilidade das persoas con diversidade funcional e capacidades diversas.

7.- Liña de axudas para a mellora no transporte.

8.- Puntuación específica nos procesos selectivos, compatibles para as persoas con diversidade funcional e capacidades diversas, co fin de mellorar a súa empregabilidade no noso municipio.

9.- Ampliar o servizo de axuda a domicilio para que as persoas poidan permanecer nas súas casas. Axudas ás familias para acadar a normalización e a inclusión social.

10.- Apoio ao deporte paralímpico e mellora das instalacións deportivas.

11.- Creación dun xeriátrico no polígono industrial de Nantón, con prazas reservadas para persoas con diversidade funcional, que non se poidan acoller ao servizo de axuda no fogar e desexen permanecer no noso municipio.

12.- Desenvolvemento dun plan de accesibilidade cognitiva a produtos, servizo (lectura fácil), e apostar por unha administración local universalmente accesible.

Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Xuntanza de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) no Café -Bar O Seixoso, no lugar do Carballal, Cesullas, este venres día 3 de maio ás 21 horas

Este venres día 3 de maio ás 21 horas estaremos coa veciñanza no Café -Bar O Seixoso, no lugar do Carballal, na parroquia de Cesullas.

Animádevos a participar!

Xuntanza de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) no Café -Bar O Seixoso, no lugar do Carballal, Cesullas, este venres día 3 de maio ás 21 horas

16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cidadanía e Participación, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O abandono da parroquia de Borneiro: a fonte do Picho, o lavadoiro do lugar de Vilaseco e as pistas forestais

A fonte do Picho e o lavadoiro do lugar de Vilaseco levan anos e anos sen auga, a pesar de que a fonte queda no camiño da Ruta dos Faros, coas consecuencias que isto xenera para os camiñantes.

Na fonte do Picho os camiñantes da ruta dos Faros non poden coller auga para beber e lavarse.

O abandono da parroquia de Borneiro: a fonte do Picho e o lavadoiro do lugar de Vilaseco sen auga e as pistas forestais esnaquizadas
A fonte do Picho e o lavadoiro do lugar de Vilaseco sen auga
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía e Participación, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Primeira xuntanza veciñal na parroquia de Cundíns de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

A Agrupación de Electores Ciudadanos Independientes de Cabana – Cidadanía Independente de Cabana (CIC) convoca unha xuntanza veciñal para este venres, día 12 de abril no Bar “Os Barreiros” ás 21 horas, na parroquia de Cundíns, municipio de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Convidamos a todas as veciñas e veciños a participar!


Xuntanza veciñal do partido Ciudadanos Independientes de Cabana, este venres, día 12 de abril no Bar “Os Barreiros” ás 21 horas, na parroquia de Cundíns.


Agrupación de Electores Ciudadanos Independientes de Cabana – Cidadanía Independente de Cabana (CIC)
Cidadanía e Participación, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Remata a lexislatura sen o novo Plan urbanístico municipal aprobado

Pese as enormes expectativas xeradas remata a lexislatura sen o documento urbanístico actualizado.

O Plan xeral de ordenación municipal, foi aprobado inicialmente por acordo do Pleno do 22 de marzo de 2018.

Non obstante, un defecto de forma obrigoulles a incorporar novos documentos, polo que se retrasou a súa tramitación: o «estudo ambiental estratéxico» e o «resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico».

De novo volveu a aprobarse inicialmente o documento completo por acordo do Pleno do 31 de maio de 2018, volvendo, así, a someterse a información pública polo prazo de dous meses.

Concluida a exposición pública o concello ten que dar resposta ás alegacións presentadas. Durante todo este tempo debera poder consultarse o documento na sede electrónica do concello para garartir igualmente a publicidade durante todo o proceso de tramitación, feito que non o permiten.

Pódese consultar a ausencia do documento na sede electrónica municipal https://sede.cabana.gal/es/.

16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía e Participación, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A Audiencia provincial terá a derradeira palabra en relación á causa xudicial da “Operación Hórreos”

Malia que se fala de que a causa está arquivada, non é verdade. A Audiencia provincial da Coruña terá a derradeira palabra no asunto da chamada popularmente como “Operación Hórreos”. A causa aínda non está conclusa, a pesares de que os medios de comunicación falan do arquivo.

A “Operación Hórreos” aínda non está conclusa e continua o seu periplo xudicial, pese aos rumores de arquivo

16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía e Participación, Contaminación da ría cabanesa pola ausencia de saneamento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Urbanismo para os amigos?

O diñeiro público da Cidadanía de Cabana, no arranxo das cortes das vacas da rectoral de Cesullas. Mentras, as estradas das parroquias dan pena e o litoral continua sen sanear

Así é a política do desgoberno. Canto proveito lle vai a sacar a Cidadanía de Cabana á rectoral de Cesullas? E ás cortes das vacas? Ningún.

Pero eso sí, unha manchea de cartos van para alí, mentras as estradas das parroquias dan pena e a “merda” vai para a ría. Pero o importante é engordar o patrimonio eclesiástico.

Vai ben así o “desgoberno”?


Canto proveito lle vai a sacar a Cidadanía de Cabana á rectoral de Cesullas? E ás cortes das vacas? Ningún.  Mentras a “merda” vai para a ría, pola falla de saneamento do litoral cabanés

Canto proveito lle vai a sacar a Cidadanía de Cabana á rectoral de Cesullas?

Canto proveito lle vai a sacar a Cidadanía de Cabana á rectoral de Cesullas?