Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A nosa axenda de mitins remata coa seguinte cita: Venres, día 24 de maio ás 21 horas, no Café Bar Os Barreiros, na parroquia de Cundíns.

A nosa axenda de mitins remata coa seguinte cita:
• Venres, día 24 de maio ás 21 horas, no Café Bar Os Barreiros, na parroquia de Cundíns.

A nosa axenda de mitins remata coa seguinte cita: Venres, día 24 de maio ás 21 horas, no Café Bar Os Barreiros, na parroquia de Cundíns
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A posta a punto das parroquias cabanesas, un obxectivo a cumprir para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Que hai no programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) para as parroquias cabanesas?

1.- Arranxo integral das pistas forestais de todas as parroquias, para que incluso un vehículo normal poida circular por elas.

2.- Limpeza de cunetas e corta periódica do céspede das áreas recreativas, campos das festas e carballeiras.

3.- Arranxo integral dos parques infantís e instalación de parques biosaudables en todas as parroquias, con aparellos de ximnasia para as persoas maiores e demáis persoas usuarias.

4.- Apertura ao público dos distintos locais sociais do concello e dotar os mesmos do mobiliario e tecnoloxía suficiente, para que as veciños e veciños poidan dispoñer deles de maneira cómoda.

5.- Saneamento integral das parroquias para que os vertidos non vaian campo a través.

6.- Captacións de auga e servizo de auga doméstica a todas as vivendas en condicións óptimas.

7.- Reducir ao mínimo o recibo da auga, naquelas parroquias nas que o servizo está xestionado polo concello.

8.- Abrir os puntos de lectura das parroquias ao público, con material novo e dotalos de wifi, ordenadores e demáis tecnoloxía que facilite a vida á veciñanza.

9.- Realizar unha convocatoria anual de subvencións e axudas para todas as asociacións, clubes deportivos, comunidades de augas e comisións de festas para as inversións e actividades que precisen.

10.- A posta a punto dos campos de fútbol e pistas deportivas de cada parroquia.

11.- A posta a punto do alumeado público de cada parroquia seguindo criterios de eficiencia enerxética e escasa contaminación lumínica. Renovar o alumeado público de todas as igrexas, áreas recreativas, campos de fútbol e pistas deportivas, parques e xardíns, prazas…etc.

12.- Nova cartelería e paneis indicativos para a sinalización das parroquias, lugares emblemáticos, monumentos e elementos culturais de interés…etc.

15.- Poñer en valor o patrimonio cultural e ambiental de cada parroquia. Renovar o mobiliario e a sinalización das áreas recreativas, campos de festas, carballeiras, fervenzas, ríos…etc. Eliminar puntos incontrolados de vertidos.

16.- Executar beirarrúas nas parroquias con núcleos concentrados como Cesullas, Canduas…etc.

17.- Reformar as estradas que impiden o acceso das ambulancias ás vivendas das persoas.

18.- Reforma integral e posta a punto do Rego dos Muíños na parroquia de Canduas e rehabilitar os muíños da Regueira, na parroquia de Corcoesto.

19.- Acondicionar como é debido unha praia fluvial na parroquia de Cundíns e rehabilitar a antiga escola unitaria de Anos, para o uso da veciñanza.

20.- Favorecer o diálogo e a participación da veciñanza de cada parroquia na toma de decisións e a execución das obras e servizos que lles interesen.

A posta a punto das parroquias cabanesas, un obxectivo a cumprir para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
16 anos de desgoberno en Cabana, 16 anos sen oposición no concello cabanés!, Cidadanía en Movemento, O desgoberno cabanés apoia á Xunta no espolio de terreos á cidadanía

As mentiras do Partido popular cabanés

O Pp cabanés comeza os seus mitins dicindo que non expropia a ninguén. Despois, pasado medio minuto xa rectifica, e di que cando se fixo a senda da Carballa a Neaño tivo que expropiar, porque había algunhas xentes que non daban o que tiñan e querían cobrar (o que non di é que o fixo a prezos de saldo). A continuación explica que tivo que expropiar un cabanote para facer unha praza e que a torre da Penela a vai expropiar á metade de prezo, porque xa viu a lei na Voz de Galicia e que a lei llelo permite. Ollo porque di que a lei a viu na Voz de Galicia, e non nos boletíns oficiais. Parece que lee só a Voz (xa sabemos que é siareiro deste xornal, por algo só anuncia os mitins del e do amigo de Borneiro).
Eso sí, non di que en Canduas expropia a unha familia para facer un acceso a un chalé privado.
Remata dicindo que os montes e as terras témolos que ceder, porque son unha carga para os nosos fillos (non se lembra das fillas), e para que lles queremos deixar esta carga tan grande.
Doe moito este discurso e doe porque eses terreos e esas propiedades a ninguén llelas regalaron, que tivemos todas e todos que gañalas cos nosos suores e esforzos. Cando menos a veciñanza merece respecto e consideración. Eu non vexo que el cedera a ninguén os bens e pisos que lle deixaron en herdanza. E hai expropiacións que ainda non se pagaron e parece que non lle acorda. E hai veciñanza que ten as vivendas sen regularizar urbanísticamente, e tampouco lle acorda axudarlles.
Espero que a veciñanza reflexione sobre estes detalles e o día 26 vote con sentido común.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), a única alternativa que ten un programa político de futuro para Cabana.

Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Un pracer voltar a Cesullas para explicar á veciñanza o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Un pracer volver a estar en Cesullas, no Café Bar O Seixoso, para explicar ás veciñas e veciños o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana de Bergantiños.
Quedamos a vosa disposición para calquer cousa que precisedes.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Apoderamento das mulleres, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Excelente acollida en Corcoesto do programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Gracias á veciñanza de Corcoesto por escoitar o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC). Estamos a vosa disposición para o que precisedes. 
En Corcoesto, no magnífico ambiente do Café Bar A Rectoral, con José Díaz Rodríguez e algunhas das grandes mulleres, e o son todas, que hai no municipio de Cabana: Tamara María Souto García, Carmen Velo Calvo, Sonia Vila Redondo e María Isabel Pérez Fuentes.
Agradecidos tamén dos nosos candidatos: Joaquín Suárez Rodríguez, José Manuel López Varela e Santiago Amado Fondo.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) nun acto de campaña electoral na parroquia de Corcoesto

Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), a única alternativa dun futuro mellor para Cabana

Ciudadanos Independentes de Cabana (CIC) é a alternativa do polígono industrial e do emprego para todas e todos. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana.
Unha empresa vencellada ao Ibex 35 ten previsto sumarse ao proxecto industrial de Nantón da man de Ciudadanos Independientes de Cabana, outra adicada as ferroaleacións industriais tamén sumou o seu compromiso e a terceira é unha empresa local.

Somos a única alternativa dun futuro mellor para Cabana.

Temos os trámites bastante avanzados para poñer en marcha o polígono industrial. A planificación está madura e só falta que a veciñanza de Cabana confíe en nós o vindeiro 26 de maio.

José Díaz Rodríguez, candidato á alcaldía por Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC). Outra alternativa sí é posible.

José Díaz Rodríguez, candidato á alcaldía por Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC). Outra alternativa sí é posible.

Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Un pracer estar de novo coa veciñanza de Nantón para explicar o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Hoxe estivemos coa veciñanza de Nantón na parrillada A Pedra. É un verdadeiro pracer estar de segunda volta con estas veciñas e veciños nosos, que tan ben nos acollen sempre. Estamos a vosa disposición para o que faga falla. Gracias! 🙋

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) explicando o programa electoral ás veciñas e veciños de Anos

Un pracer estar hoxe coa veciñanza de Anos explicando o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC).
Con José Díaz Rodríguez, Sonia Vila Redondo, Joaquín Suárez Rodríguez, Tamara María Souto García, José Manuel López Varela, María Carmen Vázquez Amado, Santiago Amado Fondo, Serafín Varela Castro e Julio Domínguez Blanco.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Un futuro mellor para Cabana. Xa hai tres empresas interesadas en instalarse no polígono industrial. Outra alternativa sí é posible

Xa hai tres empresas interesadas en instalarse no polígono industrial e en crear empregos para a xente de Cabana. Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) somos a única alternativa do solo industrial e do emprego para todas e todos.
Temos os trámites bastante avanzados para poñer en marcha o polígono industrial. A planificación está madura e só falta que a veciñanza de Cabana confíe en nós o vindeiro 26 de maio.
José Díaz Rodríguez, candidato á alcaldía por Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC). Outra alternativa sí é posible.

José Díaz Rodríguez, candidato á alcaldía por Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC). Outra alternativa sí é posible