Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía en Movemento, Contratacións baixo sospeita

O contrato do asesor cultural do desgoberno cabanés: 32.240,00 €

O 2 de decembro de 2008 o desgoberno cabanés adxudicaba o contrato denominado “Contratación do servizo de asistencia técnica para levar a cabo diversas actuacións relativas ao asesoramento cultural e educativo ao Concello de Cabana de Bergantiños” a José María Varela Martínez, por un importe con ive de 32.240,00 €, a través dun contrato mercantil e un procedemento de licitación negociado e sen publicidade algunha.

O certo é que o anterior contrato debeuse prorrogar indefinidamente, unha e outra vez, en contra do que di a normativa vixente, que fala de someter periodicamente a concurrencia as licitacións deste tipo de contratos.

Así que o concello de Cabana gasta unha boa parte dos cartos nun asesor cultural cuxo contrato tamén é de dubidosa legalidade.

http://www.concello-cabana.es/gl/node/270

2.png

Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía en Movemento, Contratacións baixo sospeita

Son legais as contratacións do departamento de Cultura do concello de Cabana? Cal é o motivo de que ata 6 traballadores non figuren na plantilla de persoal dos orzamentos municipais? Que di ao respecto a concelleira de cultura e o alcalde?

Existen dúbidas razoables sobre da legalidade da contratación do persoal do departamento de cultura do concello de Cabana, que dirixe en teoría a concelleira Sheila Recarey Varela. Por iso, a Cidadanía cabanese merece unha explicación.

Así fálase dentro do Cadro de Persoal do desgoberno cabanés, segundo a web municipal, dunha monitora de aerobic, dun monitor de fútbol, dun monitor de baloncesto, dunha monitora de baile, dun monitor de judo e dun monitor de xadrez. Algún deles nen figura na web cos apelidos.

Sen embargo, na plantilla de persoal dos orzamentos municipais, este persoal non consta nen como funcionario nin como persoal laboral.

Por iso, preguntamos ao desgoberno cabanés como é que ocurre isto. Acaso este persoal cobra “en negro” ou en “B”? Acaso é persoal de subcontratas? Acaso ten un contrato mercantil? Sería interesante, xa que a oposición non o fai, que alguén do desgoberno cabanés informara a cidadanía sobre a forma de contratación destas 6 persoas.

http://www.concello-cabana.es/gl/cadro-de-persoal

1.png

0002
Cadro de persoal dos orzamentos xerais do concello cabanés para o ano 2018, onde non figuran os 6 monitores deportivos.