16 anos de desgoberno en Cabana, As casualidades non existen, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Urbanismo para os amigos?

As obras dos “amigos”, “irmáns de …”, “cuñaos” e demáis familia. A uns “tíranlle” as casas, os muros, as naves e os depósitos de augas e a outros permítenlle construír “enriba da estrada e sen gardar os retranqueos”. Urbanismo para quen? Pois parece que depende quen sexas….

Parece que non hai como ser “amigo” ou “familia de…” para que non haxa problemas de ningún tipo á hora de construír, aínda que sexa enriba da estrada. Aquí temos esta obra no medio de Neaño que practicamente se fai enriba da estrada, de feito os aleros da casa todo indica que irán enriba da vía pública. Uns teñen que soportar o “espolio” das súas fincas e outros temos que “soportar os abusos de quen manda”.

A Cidadanía xa está cansa de tantos abusos de poder….Vaite xa!!!

Obra en Neaño en construción, sen gardar os retranqueos á vía pública

16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Outro fracaso do desgoberno: a Torre da Penela aínda é do seu dono. Píllase antes a un mentireiro, cá un coxo….

A quen culpará desta vez o desgoberno deste outro fracaso? Nótase que non traballa o suficiente, que non fai ben os deberes e que por enriba, parece que minte cando sae no xornal “amigo” dicindo que comprou a Torre, sin comprala.


Antes había Torre, agora xa non. Antes había polígono industrial, agora xa non. Antes había mina, agora xa non. Antes había traída de auga para o polígono, agora xa non. Antes o litoral cabanés estaba saneado, agora xa non. Píllase antes a un mentireiro cá un coxo. Pero xa buscará algún culpable, a culpa nunca é del. A culpa é das redes sociais, que o “persiguen”…

16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, O caos do desgoberno, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Hai uns meses dicía que a auga de Nantón ía vir do concello de Zas. Agora di que vén do río Anllóns…. O desgoberno non se aclara…, pero debería aclarar os cartos que recibiu desde o 2010 para acometer estas obras, e que aínda non están feitas

Xa polo ano 2010 o desgoberno presumía de dispoñer de máis dun millón de euros para a auga do polígono industrial de Nantón; pero ao final, non houbo nada, de nada, e parte das obras de canalización xa realizadas, morren apodrecidas entre a terra.

O 26 de outubro de 2012, a Deputación da Coruña aprobaba o proxecto reformado nº 2 da obra “Ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Nantón”, incluída no Plan de Cooperación cos concellos (PCC) 2010, co Código: 10.3300.0157.0. O importe total ascendía a 198.165,65 euros, e adxudicada naquela época a Excavaciones Pose, S.L.

Agora a Deputación volve a subvencionar o abastecemento e saneamento na Pedra -Nantón. O orzamento base da licitación é de 105.655,25 euros,e a obra realízase co obxecto de aproveitar a dispoñibilidade dos 710.942.72 euros que lles foron asignados a través do Plan provincial de Cooperación “POS+ 2017”.

Recalculando: 198.165,65 + 105.655,25 euros dá un total de 303.820,90 euros, o que é unha barbaridade, tendo en conta que houbo Cidadanía que xa no seu momento pagara os enganches, e que aínda non hai abastecemento.

1.000.000 euros? + 198.165.65 +105.655,25 euros….???? Pero qué fai o desgoberno cos cartos da auga das parroquias de Nantón e Anos? E aínda así, seguimos sen auga!!!

Transparencia por favor!


1.000.000 euros? + 198.165.65 +105.655,25 euros….???? Pero qué fai o desgoberno cos cartos da auga das parroquias de Nantón e Anos? E aínda así, seguimos sin auga!

1.000.000 euros? + 198.165.65 +105.655,25 euros….???? Pero qué fai o desgoberno cos cartos da auga das parroquias de Nantón e Anos?
Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Dimixión xa!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O lamentable estado das estradas nas Revoltas e en Sinde. O desgoberno cabanés xa vai sen rumbo

Fochancas, irregularidades, sen asfaltar…., todo é posible co desgoberno cabanés que cada día vai de mal en peor. O único que saben facer é limpar cunetas (de paso xa quitan a terra das fincas) e meter zahorra, que eso sí, como vai barata, non hay problema. Zahorra a esgalla! E o resto dos cartos onde van?

O lamentable estado das estradas na parroquia de Canduas. O desgoberno xa vai sen rumbo

O lamentable estado das estradas na parroquia de Canduas. O desgoberno xa vai sen rumbo

O lamentable estado das estradas na parroquia de Canduas. O desgoberno xa vai sen rumbo

O lamentable estado das estradas na parroquia de Canduas. O desgoberno xa vai sen rumbo
Abandono do patrimonio público municipal, Abandono e desleixo, Cidadanía e Participación, Dimixión xa!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Escombro e máis escombro, no que se supoñía que ía ser un bo campo de fútbol para a parroquia de Anos

Abandono, desleixo, escombro…., montóns e montóns de escombro. Así está a finca que hai xa catro lexislaturas prometeran que ía ser o campo de fútbol de Lodeiro, na parroquia de Anos.

Hai catro lexislaturas que prometeran facerlle un cerre á finca e dotalo de céspede, para que a parroquia de Anos tivera un campo de fútbol como era debido.

Nada, non fixeron nada. Todo o contrario, cada vez que teñen que limpar cunetas, collen os escombros e tíranos nesta parcela. Un desastre a xestión do desgoberno cabanés!

IMG-20181104-WA0008
Escombro na parcela que se ía acondicionar para ter un bó campo de fútbol na parroquia de Anos

IMG-20181104-WA0007
Escombro na parcela que se ía acondicionar para ter un bó campo de fútbol na parroquia de Anos

IMG-20181104-WA0006
Escombro na parcela que se ía acondicionar para ter un bó campo de fútbol na parroquia de Anos

IMG-20181104-WA0005
Escombro na parcela que se ía acondicionar para ter un bó campo de fútbol na parroquia de Anos

A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A auga de Nantón, podería ser o abastecemento máis caro da historia dos concellos galegos; e aínda non hai auga, e cando a teñan, pagarán o recibo ao concello de Zas

Parece unha broma pesada ou o argumento dunha película cómica. Despois de varias subvencións bastante importantes da Deputación da Coruña, a día de hoxe aínda non está solucionado o abastecemento dos núcleos de Nantón. Despois de que a Cidadanía xa pagara hai tempo os enganches. Despois de obra vén e obra vai, e moito tardar, a Cidadanía acabará pagando o recibo ao concello de Zas.

Xa polo ano 2010 o desgoberno presumía de dispoñer de máis dun millón de euros para a auga do polígono industrial de Nantón; pero ao final, non houbo nada, de nada, e parte das obras de canalización xa realizadas, morren apodrecidas entre a terra.

O 26 de outubro de 2012, a Deputación da Coruña aprobaba o proxecto reformado nº 2 da obra “Ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Nantón”, incluída no Plan de Cooperación cos concellos (PCC) 2010, co Código: 10.3300.0157.0. O importe total ascendía a 198.165,65 euros, e adxudicada naquela época a Excavaciones Pose, S.L.

Agora a Deputación volve a subvencionar o abastecemento e saneamento na Pedra -Nantón. O orzamento base da licitación é de 105.655,25 euros, e a obra realízase co obxecto de aproveitar a dispoñibilidade dos 710.942.72 euros que lles foron asignados a través do Plan provincial de Cooperación “POS+ 2017”. O máis probable é que a licitación volte a recaer en Excavaciones Pose, S.L.

Recalculando: 198.165,65 + 105.655,25 euros dá un total de 303.820,90 euros, o que é unha barbaridade, tendo en conta que houbo Cidadanía que xa no seu momento pagara os enganches, e que aínda non hai abastecemento.

Despois de contar con proxectos que ascendían a 303.820,90 euros, vanlle acabar pagando a auga ao concello de Zas!

1111.png

 

 

1
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo de La Opinión A Coruña

2
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo da información de La Voz de Galicia

3
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo da información de La Opinión da Coruña

 

 

 

 

A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, É preciso fomentar o emprego en Cabana, Dimixión xa!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Cabana á cola da renda dispoñible por habitante, no posto número 189, segundo o último informe da Axencia Tributaria para a Costa da Morte

Ponteceso está no posto 128 e Laracha e Carballo no posto 85. Cada ano que pasa hai menos renda dispoñible para os cabaneses e as cabanesas. Cabana á cola da renda dispoñible por habitante, no posto número 189. A Cidadanía de Cabana ten menos diñeiro que a dos municipios darredor.

Despois de 16 anos de goberno do Partido Popular estamos moito peor. Cabana arrastra un déficit histórico e estrutural en servizos, emprego e xeración de industria que supera porcentualmente ao dos concellos limítrofes.

O falla de desarrollo do polígono industrial de Nantón, despois de promesas e promesas todas incumpridas, lastrou significativamente o peto das cabanesas e dos cabaneses. Todos os municipios avanzan, agás Cabana.

Por iso, cómpre repensar moito estes datos facilitados pola Axencia Tributaria. A Cidadanía de Cabana é a que menos renda dispoñible ten en comparación co resto dos municipios limítrofes.

É hora de concienciarse e mudar isto! Este desgoberno non é a solución!

Non hai diñeiro
Cabana á cola da renda dispoñible por habitante, no posto número 189

9.jpg
Máis pobres, despois de 16 anos de desgoberno

 

 

A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Chapuzas nas obras públicas, Dimixión xa!, Queremos beirarrúas con plaquetas para Canduas

Canduas merece unhas beirarrúas como é debido, con plaquetas ou enlousadas. A estrada principal que comunica con Laxe e principal vía de urbanización do municipio, póñenlle beirarrúas de formigón pigmentado

Unha chapuza de moi mal gusto. O atraso dun municipio tamén se deixa ver nas chapuzas que se realizan coas obras públicas.

As beirrarúas da principal estrada do municipio, a que une os núcleos urbanos de Neaño e Canduas, e comunica con Laxe, non lle poñen plaquetas ou lousas, como sería o normal neste tipo de estradas, senón beirarrúas con formigón pigmentado.

A vergoña é de tal calibre que o desgoberno cabanés debera dimitir xa. Onde meten os cartos públicos?

O formigón pigmentado non é para as aceras senón para as sendas peatonais. Despois tampouco se respecta a normativa de accesibilidade para persoas con discapacidade funcional nen os accesos as vivendas.

A Cidadanía de Cabana e a de Canduas en particular, merece obras públicas adecuadas.

 

IMG-20180824-WA0003

Non hai rampas para acceso de persoas minusválidos nen se respectan os accesos ás parcelas. Polo tanto, hai que eliminar as barreiras da infraestrutura para garantir os dereitos das persoas con discapacidade: rampas nos cruces, nos accesos ás vivendas, pasos de peóns…etc.

IMG-20180824-WA0004.jpg